venres, 29 de abril de 2011

Síndrome Confusional Agudo (SCA) en el Futbol


Consiste el SCA en un trastorno del pensamiento en el cual la persona transitoriamente entra en una especie de Psicosis transitoria y puede darse por ingesta de alcohol, por exceso de estrés, por ingesta de fármacos estimulantes o por otras causas y puede corresponderse con personalidades borderline incapaces de ver y comprender la realidad tal como es.

Ayer Mourihno, un hombre curtido del futbol y a raíz de un simple partido de futbol cayó en ese estado de la mente señalado arriba y por las cámaras de TV se pudo ver su rostro descompuesto y su estructura del pensamiento alterada a través de sus palabras.

Idear todo un sistema de fantasmas creados por otros fantasmas para impedir sus triunfos o para favorecer siempre a los otros equipos y en ese momento al Barca es indudablemente una forma de pensamiento paranoide en donde todos están contra Mou y todos se oponen en santa alianza para impedir sus triunfos.

Por lo general las personas incapaces de tolerar sus fracasos tienden muchas veces achacar a los demás la causa de ellos y siempre aparece un culpable, un responsable, un conspirador contra sus logros y en este caso aparecen la UEFA como un supuesto responsable y quienes más se pregunta Mau y a su pregunta  quiere encontrar la respuesta al enigma incomprensible que corre por su mente a raíz de una simple derrota en el futbol de lo cual todos sabemos que solo tiene tres posibilidades: ganar, perder, empatar y no siempre es posible lo primero.

Estar todo el tiempo mediaticamente enredando la realidad del juego, crear enemigos del pito permanentemente, no entender que una falta de un recio jugador fácilmente termina en roja o amarilla, es no poder asimilar la realidad y por ello entonces hay que crear el mundo propio de una mente que incapaz de entender esa simple realidad crea una fantasía o un delirio del cual luego es incapaz de salir y se repite insensatamente por qué a mí?, por qué yo?, por qué me persiguen?

Simplemente en el futbol, a pesar de todas las circunstancias se gana o se pierde, no siempre gana el que juega mejor. Los planteamientos tácticos rígidos o defensivos no siempre dan un buen resultado y atentan contra lo que debe ser el futbol, un espectáculo para disfrutarlo y para divertirse así como lo hace Messi quién comprende que las gradas están ávidas de jugadas bellas, del disfrute de la gambeta, del gol bien logrado y de la alegría de obtenerlo.

Realmente MOU podría requerir ayuda psicológica para que aprenda a digerir el sabor de la derrota con altura y no verse desdibujado, ofuscado y triste a través de la pantalla e inventando pensamientos de fabula que solo el se cree.

Bien ganado el derby por el Barca, bien el Derby por Messi y bien las dos tarjetas al Madrid para dos jugadores tradicionalmente rudos y bien también las tarjetas mostradas a los del Barca.

Arriba la simplicidad del futbol lejos de planteamientos filosóficos y de síndromes delirantes agudos.

O Barco de Valdeorras
28.04.2011

sábado, 23 de abril de 2011

Fukushima ameaza a 'primavera' nuclear

Nucleares? Non, graciñas
por: abc Abril 2011 
A era nuclear arrancou en España en 1968 coa conexión a rede da primeira central atómica, construída en Zorita dos Canes (Guadalajara). Case tres décadas despois do freado que supuxo a moratoria do PSOE, en 1983, e do lastre de Chernóbil, a opción do átomo ganara xa moitos enteiros en España e no mundo. Ata que apareceu Fukushima...

Non tiñamos gardado aínda as bandeiras da manifestación contra das reformas laborais o recorte das pensións, e xa andamos rescatando do esquecemento as chapas de Nucleares? Non, graciñas en roxo con fondo amarelo, con aqueles ollos risoños, ten que estar no fondo dalgún caixón de mesiña de noite en compaña de outros da época, consumidos polo esquecemento… vímola milleiros de veces… apareceu en maio de 1975 foi obra de activistas antinucleares daneses, patentárona en 1976 (traducida a varios idiomas), …agora volve a estar de plena actualidade ante a ameaza de Fukushima.


O tsunami de Xapón e a ameaza nuclear ocupan as primeiras páxinas da actualidade. Un país como Xapón é incapaz de controlar Fukushima e estamos ao borde dun desastre maior que Chernóbil, quizá vaia sendo hora de rebuscar nos apuntes. Non como inútil exercicio de nostalxia, nin como inxenua contradición consumista, senón como reacción ao mundo que lle imos a deixar a os nosos fillos.  Eu non son físico para opinar, profesionalmente, sobre as bondades ou prexuízos desta fonte de enerxía, tamén descoñezo as propiedades físicas do lume e sei, que queima. Non é necesario, ser un experto, para saber que AS CONSECUENCIAS DAS NUCLEARES SON O FIN DE TODO E DE TODOS. Incluíndo burros, ilustrados…, ou cegos por algunha destas lacras: ambición, lucro desmesurado, intereses da mais variada ralea, votante sumiso/a, falla de escrúpulos, ou todas elas incluídas... engada vostede a que lle pete…

Fukushima é o resultado dun exceso de confianza no ser humano. 

As bombas de Hiroshima e Nagasaki, cun balance inicial de 69.000 e 25.000 mortos e moitos máis nas décadas seguintes, iniciaron a era atómica, militar e, logo civil.
O 28 de marzo de 1979, tan só 25 anos despois da conexión a rede eléctrica do primeiro reactor nuclear, producíase en Harrisburg (Pensilvania), o máis grave accidente da historia nuclear de EE UU, o segundo máis grave da historia da enerxía nuclear.
O accidente de Harrisburg puxo fin á euforia dos que defendían o uso civil da enerxía nuclear e demostrou que as centrais nucleares son inseguras, aumentando o rexeite da opinión pública. Por desgraza a experiencia de Harrisburg non foi suficiente para evitar o accidente nuclear de Chernóbil en 1986, o máis terrorífico dos acaecidos ata o momento, nun toma e daca, co actual de Fukushima…

A reflexión en torno a estas efemérides é oportuna na encrucillada desta primavera nuclear na que nos atopamos, indefensos ante as decisións que parecen ter tomado, man a  man, os Gobernos.


En España, a enerxía nuclear nacía en 1948 nun laboratorio da Armada no que crean, sen demasiado ruído, a "Junta de Investigaciones Atómicas". Esta xunta enviou científicos ao estranxeiro para que se formaran na nova enerxía que abraiaba ao mundo e buscou reservas de uranio na pel de touro. Esta fase inicial remataba coa inauguración en 1968 da primeira central en Zorita dos Canes (Guadalaxara), actualmente clausurada. En 1970 entraba en servizo Garoña, seguida de Vandellòs I (1972), pechada despois dun incendio clasificado nivel III da escala Ines (1989). Nos setenta deseñase a segunda xeración de reactores: Almaraz I (1983) e II (1984), Ascó I (1984) e II (1986) e Cofrentes (1985). Outra central, a de Lemoniz, sen rematar polas presións de ETA, asasinando a un dos seus enxeñeiros. Da terceira xeración só se construíron as centrais de Trillo I (1988) e Vandellós II (1988). En 1983, o Goberno de Felipe González, (agora defensor da enerxía nuclear) ditou unha moratoria nuclear no seu plan enerxético. Os grupos previstos en Valedecaballeros, Trillo, máis o de Lemoniz, quedaron paralizados. O custe da moratoria foi avaliado e os españois pagámolo dende aquela no recibo da luz. O 25 de abril de 1986, o mundo quedaba paralizado polo accidente de Chernóbil e a moratoria española fíxose universal.

A presidenta do Foro Nuclear, María Teresa Domínguez, aseguraba o pasado 17 de febreiro que España necesitaría dispoñer de aló menos 3 centrais nucleares de nova construción e manter operativas as oito instalacións activas para asegurar o subministro de electricidade no horizonte 2035. Seu ton, sen ser triunfalista, reflexa o momento doce que atravesaba a opción nuclear despois de tres décadas de ostracismo. EE UU tiña renovado ata 60 anos a licenza das súas centrais máis antigas e varios países europeos, incluídos Holanda e Alemaña, proxectaban facelo; Italia reconsideraba a súa moratoria e os xigantes China, India e Iran apostaban pola enerxía nuclear, dispostos a multiplicar os 56 reactores que se están construíndo no mundo. Apenas 15 días despois ca representante do lobby nuclear español reivindicara a enerxía atómica, Fukushima irrompía con forza nos nosos fogares e o medo á radioactividade expandíase de novo polo planeta, abortando aparentemente unha primavera do átomo para usos pacíficos que parecía inevitable ata unhas poucas horas antes.


España ten 7.716 MW de potencia electronuclear instalada, no 2010 xerou enerxía suficiente para atender o 21% da demanda. Zapatero prometeu no seu programa electoral o desmantelamento progresivo do parque nuclear español. Agora dúbida.

O PP mantén aparentemente seu apoio á enerxía nuclear. No marco dun informe que a petición de Mariano Rajoy elaborou a FAES, o secretario xeneral e deputado do PP, Jaime García-Legaz, considera que, ademais de prolongar a vida útil das centrais nucleares, hai que apostar pola construción de outras novas, e recomenda iniciar xa a busca de emprazamentos, ademais de ampliar "de oficio" a 60 anos a vida das nucleares, xa que ''agora mesmo non se necesitan, pero España, no futuro, necesitarao porque vai seguir incrementando seu consumo enerxético''. Nas súas propostas para unha estratexia enerxética nacional, ademais desta afirmación engádense recomendacións tales como revisar a política de subvencións o carbón nacional e ás enerxías renovables limitando a presenza nas mesmas.
O informe da FAES aposta polo que, curiosamente, tamén aposta o novo presidente da patronal española, (unhas reformas rigorosas e libres de prexuízos), o Sr. Rosell, quén, coa ocasión da presentación do informe do Foro Nuclear insiste que España non pode permitirse o luxo de prescindir desta enerxía, xa que significaría un desperdicio económico.

Os partidarios da enerxía nuclear insisten, tratase dunha opción segura, fiable e barata. Non emite CO2 e polo tanto é unha enerxía limpa que debe ter unha contribución decisiva á loita contra o cambio climático. En España, cuxa dependencia enerxética só é superada por Italia en Europa, a enerxía nuclear é "imprescindible", asegura María Teresa Fernández, que considera óptimo incrementar ata o 30% a participación nuclear no "mix" enerxético dende o 21% actual.
Dentro do proxecto de Economía Sostenible, o Congreso acaba de aprobar unha serie de medidas, entre as que destaca o mantemento das centrais nucleares máis alá dos corenta anos autorizados ata agora. En comuñón con esa proposta, o Ministro de Industria, Miguel Sebastián, reiterou có funcionamento da central nuclear de Garoña será prorrogado ata o ano 2013, prazo considerado insuficiente por quen ve neste tipo de enerxía a panacea que resolverá os problemas do consumo enerxético deste estado.

O Ministerio de Industria, clama por prolongar a vida útil da central de Garoña, a máis antiga e insegura de España. Instalación, varias veces amortizada, que sufre de corrosión na vasilla do reactor e do circuíto primario, cun nivel de afectación (recoñecido polo Consejo de Seguridad Nuclear) e que non ten parangón con ningunha outra central del mesmo tipo nin en EE UU nin en ningún outro país. En medio deste panorama desolador encontrámonos os cidadáns da pe, a os que non se consultou sobre a construción das centrais nucleares, proxectadas durante a ditadura, e aos que se segue ignorando na "democracia" á hora de decidir sobre a conveniencia do cemiterio nuclear (poderían chegar a algún pobo 7.000 toneladas de residuos radioactivos, tóxicos e perigosos durante centos de miles de anos) nin na construción de novas centrais ou a prórroga de Garoña.
Enfronte, o discurso ecoloxista: inseguro, pouco fiable, cara, pouco transparente, insostible e sen resposta ao problema dos residuos. O derradeiro engadido o argumentario é o previsible esgotamento do uranio, que nun futuro seguirá o paso do petróleo. Ecoloxistas en Acción e Greenpeace subliñan que tralo peche das minas españolas de uranio, a dependencia do estado é similar á que existe cos hidrocarburos. O Foro Nuclear replica: coas reservas probadas hai para 100 anos; os novos reactores son máis eficientes (gastan menos) i é posible reprocesar (separar cualquier elemento utilizable e vólveo a reutilizar) o combustible gastado.


Tráennos, novamente, o debate nuclear. Os que en seu día defendemos o Nucleares? Non, graciñase colocámonos a chapa na camisa, seguimos tendo razóns xustificadas para opoñernos radicalmente, varios son os motivos:
- Non necesitamos producir cada día máis enerxía; o que hai qué facer é consumir menos.
- A enerxía "máis limpa" (termino que usan, ata o empacho, os defensores) é aquela que non se produce.
- Para solucionar os nosos problemas inmediatos, non podemos hipotecar o futuro dos que veñan.
- E a máis significativa para a miña determinación: comprobar unha vez tras outra que os que apoian estas medidas son os de sempre, os que, si é necesario, pasan por enriba de todos, ou sexa, os que están obrigados, por razóns económicas, a declarar as bondades do uranio…

Un exemplo: 
Logo da explosión da plataforma petrolífera Deepwater Horizon no Golfo de México, as feridas deixadas polos case cinco millóns de toneladas de cru vertidos ao mar seguen abertas. Decenas de comunidades costeiras loitan por recuperala normalidade, 11 mortos e uns 130.000 mil entre pescadores i empresarios, os colectivos que máis sofren as consecuencias.
Un ano despois, poucas cosas cambiaron. Este mércores fai un ano…
- Das indemnizacións que están previstas, moitas delas aínda non foron satisfeitas. 3.800 millóns de dólares os que desembolsou BP, dun total de 20.000 do fondo destinado.
- Os principais executivos de Transocean, donos da plataforma da desgraza, recibiron case 1 millón de dólares en plusvalías…
- O 80% del cru do vertido aínda non foi recuperado.
- Obama levantou a moratoria que impedía as extraccións en alta mar, non cambiou o rumbo na política da Casa Blanca, sí aumentou o número de plataformas, e de novo a BP volve á perforación na zona del Golfo de México.
A situación sigue sendo moi preocupante, por moito cá avalancha de noticias solapen esa realidade ou cá propia empresa involucrada, BP, tal e como revelan diferentes fontes  (The Guardian ou Greenpeace), pagaran aos realizadores de diferentes estudos sobre a situación para orientalos no seu beneficio. O ocorrido foi un enorme impacto tóxico no ecosistema. O dano perdurará décadas.

Coidado, unha mentira, cando se repite mil veces, acaba parecendo verdade. Poñámonos en garda contra a verborrea, porque teñen acceso diario a tódalas tribunas de opinión e tratarán de desarmarnos con cualificacións pouco ortodoxas, recorrendo se lles ven en gana, o manido recurso do "elementais" que somos.

Agora, Fukushima pon en perigo a segunda efémera era nuclear do novo século. Xusto cando a industria preparaba novos proxectos (tras fichar a destacados figuras do movemento ecoloxista como James Lovelock, fundador da teoría Gaia, ou ex directores de Greenpeace, todos dispostos a elixir o mal menor nuclear ante o reto do cambio climático), e chegou unha nova catástrofe para o seumarketing.

Parello a Chernóbil; Tokío vai a estar contaminado por materias radioactivas nos próximos días, anos, lustros…, probablemente as primeiras vítimas graves de Fukushima serán os 180 traballadores (denominados liquidadores) do núcleo duro da quenda de seguridade de Tokio Electric moitos deles acabaran morrendo por distintas enfermidades derivadas da súa exposición á radiación. ...xa van 80.000 evacuados en 20 km a redonda, unhas 3.400 vacas, 31.000 márraos e 630.000 polos quedaran na zona, Chernóbil contaminou ata 700 km de distancia. Si Fukushima chega tan lonxe, pode darse por rematado o breve renacemento nuclear do século XXI. A partir deles, non sabemos. O que si sabemos é que a radioactividade ''nunca desaparece'' (sigue advertindo) ''é acumulativa''.

De repente medra o medo a o non apoio público a decenas de plans de inversión billonarios en nova capacidade nuclear que abrazan Xapón, India, Taiwán, o Reino Unido, Finlandia, Vietnam, Turquía e gran parte da zona euro, incluída España. O feito de que o desastre ocorra en Xapón non axuda nada. ''Unha catástrofe nalgún país da ex URSS podería ser explicado, pero isto é Xapón, onde fan ben os deberes...''.
Pode que non sexa para tanto. Dende logo, as relaciones públicas dos lobbies industriais máis poderosos do mundo farán o posible para que este sexa a mensaxe. As autoridades xaponesas e varios expertos estadounidenses citados por The New York Times insisten en cás medidas adoptadas, a evacuación da zona nun radio de 100 km da central, así como a distribución de pastillas de iodina para previr o cancro de tiroides, evitarán graves problemas saúde. Non haberá, como en Chernóbil, 8.358 bielorrusos enfermos de cancro de tiroides por beber leite contaminada. E dos 600.000 traballadores que estiveron participando na limpeza, entre 5.000 e 10.000 morreron de maneira prematura.

Agora, os analistas económicos creen ca industria nuclear vai saír moi tocada do episodio de Fukushima e rebaixan a cualificación dos grandes grupos enerxéticos con intereses nucleares. Os axentes implicados dubídano, aínda ca actitude de Angela Merkel ten sementado dúbida. Creen que si Xapón é capaz de selar os reactores de Fukushima sen novas emisións radioactivas, a industria sairá reforzada ao superar a peor crises á que se ten enfrontado ata agora e incorporando ás centrais construídas as "leccións aprendidas" tralo terremoto e posterior tsunami. Areva, a multinacional francesa que constrúe centrais en Finlandia e China, quen proxecta vender máis dunha ducia de instalacións, cualifican de "natural” e "xustificado" que se abra un ''debate" sobre a seguridade nuclear pero reiteran cá comunidade internacional avanza cara o que chaman o "factor catro", é dicir, dúas veces menos emisións de CO2 e dúas veces máis consumo enerxético. Un desafío, din, que só se pode atender coa enerxía atómica.

Pregunta a os expertos: Qué pasaría se os avións que petaron contra das torres xemelas se esnaquizaran contra unha central nuclear?

A chapa atopase no fondo da caixa onde se amontoan fotos destinguidas, cartas, postais, os pousavasos amarelentos dalgunha cita ou viaxe… Nesa escuridade, sigue lucindo os mesmos cores brillantes. Un sol roxo sobre un fondo amarelo e un amplo sorriso. Nucleares? Non, graciñas, clama a mensaxe que o rodea. E bérrao coa mesma forza que cando prendía nas chaquetas de pana ou nas camisetas dos 70/80. Eses días en que todo parecía posible. Cós anos, a chapa pasou das solapas ao fondo da caixa dos sonos e as utopías, quedou desterrada, xunto a un cassette de Paco Ibañez, un poema de Neruda ou un libro de Albert Camus. Durante este tempo quixéronnos convencer, ou conseguírono, de cá enerxía nuclear era a alternativa. Inacabable, fronte a carestía do petróleo. Barata, fronte a o custoso das enerxías renovables. E garantíase que a tecnoloxía consegue dotala da súa terceira e definitiva virtude: a seguridade. Definitivamente, a chapa parecía ter atopado seu sitio. Unha quimera máis para o esquecemento. Outra equivocación.
Pero a realidade, as veces, atopa camiños terribles para facerse oír. Hoxe, Xapón obríganos a reflexionar e, quizá, a rebuscar a caixa esquecida.

Na medida en que vivimos nun país que case nunca resolve seus problemas, en todo caso disólveos, non debe sorprender a periodicidade coa que aparecen debates que creemos esquecidos e que, de pronto, aínda que seguro non por casualidade, volven a ocupar titulares e espazo nos medios informativos, nesta ocasión tócalle á enerxía nuclear volver a situarse en primeiro termo, e os argumentos, a favor e en contra, non aportan grandes novidades, pero sí chama a atención que algunhas personalidades convértanse agora en firmes defensores da utilización desta enerxía que negaron de forma categórica.

Así que: Nucleares? Non, graciñas, Non aos recortes laborais, Non a guerra ¡Que nos deixen vivir en paz!


É máis que probable que algunhas das persoas aquí citadas, e outras que non se citan, teñan levado esa chapa nas súas chaquetas durante algún tempo. O que tamén parece evidente é que co cambio de chaqueta a chapa (e con ela algunha cousa máis) rematara desaparecendo.

xoves, 14 de abril de 2011

España mañana (no) será republicana

Isaac Rosa Público.es 14abr 2011
 “El mejor homenaje a la II República es que aquel bello sueño modernizador se ha hecho realidad en nuestra democracia.”  
Ramón Jáuregui, ministro de Presidencia.
Pues no, mañana no será, ni pasado mañana, ni probablemente el año que viene. Aunque los republicanos coreemos hoy el “España mañana será republicana”, sabemos que aún habrá que esperar. Y ése es parte del problema: que más que trabajar por traer la república, la esperamos, como si fuese a caer del cielo o nos la fuesen a conceder graciosamente.
Como además no sólo queremos un cambio en la jefatura del Estado, cambiar el rey por un presidente, sino que muchos aspiramos a una república laica, social, federal y más democrática que esta democracia incompleta, va para más largo.
No es derrotismo, al contrario. Pero tengamos claro que no vale con esperar, ni con desear, ni con exhibir un republicanismo que a menudo es más sentimental que político, que nos vuelve tricolores en las fechas señaladas y decae el resto del año (yo el primero, que escribo hoy que toca).
Hacer de España una república no es fácil, incluso aunque sólo nos limitásemos de entrada a prescindir del rey. Porque la corona, como la iglesia católica, la organización territorial, el bipartidismo, la corrupción o los atrasos socioeconómicos y educativos forman parte de un todo, de un sistema de poder muy sólido, un régimen donde todas las piezas encajan, y por eso cuesta tanto abrir el debate sobre la corona, avanzar en la laicidad o mejorar la calidad democrática, porque cada pieza cumple su función y se sujetan unas a otras.
Pero además, hay que reconocerlo, el blindaje institucional, político y económico se hace más fuerte por nuestra propia debilidad. Es verdad que todo juega en contra, y que ese blindaje trabaja activamente para que el republicanismo no prospere. Pero seamos autocríticos, precisamente hoy: no sólo estamos divididos, desorganizados y dominados por otras prioridades. Ni siquiera contamos con un programa mínimo. ¿Qué pasaría si hoy mismo abdicase por motivos de salud el rey o falleciese de repente? ¿Tenemos algo preparado, o cantaremos “España mañana será republicana” mientras coronan a Felipe VI?
Que no cunda el desánimo, y a trabajar. Viva la República.

 

Isaac Rosa (Sevilla, 1974) ten publicado as novelas La malamemoria (1999), a posteridade reelaborada en ¡Otra maldita novela sobre la guerra civil! (2007), El vano ayer (2004) e El país del miedo (2008). Con ‘El vano ayer’ obtivo o Premio Rómulo Gallegos, o Premio Ojo Crítico e o Premio Andalucía da Crítica, e foi levada ó cine por Andrés Linares co título ‘La vida en rojo’. A súa derradeira novela, El país del miedo,  recibiu o Premio Fundación José Manuel Lara á mellor novela do 2008, é comentarista habitual do xornal Publico.

mércores, 13 de abril de 2011

Virxilio Vieitez, un clásico da ‘nosa’ fotografía


Por: abc

O presente fuxe, só o pasado cobra consistencia co peso do tempo... Tarkovski

video


Virxilio Vieitez (1930-2008) nacido en Soutelo de Montes (Pontevedra). Con 18 anos viaxa ao Pirineo Aragonés, onde traballa como mecánico e onde compra a súa primeira cámara fotográfica. En 1949 volve a Soutelo cunha bicicleta roxa. Súa nai non pode crer o que ve queixase con amargura: “É o golfo máis golfo do lugar, en vez de cartos trae unha bicicleta”. Logo volve a Cataluña, esta vez a Palamós, e consigue empregarse co fotógrafo Juli Pallí como axudante, con quen aprende as claves do oficio, perfecciona o manexo da cámara e o traballo de laboratorio. Movese en bicicleta polas praias cércanas, aproveitando o comezo do boom da Costa Brava, facendo fotos de turistas. Incluso metese no negocio das fotos pornográficas que venden en Francia, neutralizando posibles problemas regalándolle algunhas á Policía e Garda Civil. Cando se dispoñía a establecerse pola súa conta en Platja d’Aro, enferma a súa nai e volve para coidala. Parte dos negativos feitos en Cataluña tróuxoos de volta a Galicia, pero arderon un día que se descoidou mentres fumaba.


En 1955 xa en Galicia abre un estudio fotográfico no seu pobo natal, baixo a marca comercial Fotografía Perelló, o alcume de seu pai emigrado a Francia ao pouco de nacer e que non coñecería. Suspende súas actividades como fotógrafo mentres cumpre o servizo militar e recupéraas no 1957, entonces deixa de lado a Retina coa que traballara ate agora e merca unha Rollei coa que realiza o mellor da súa obra. Ata 1964, cando se instala a traída de augas en Soutelo de Montes, para lavar as copias e os negativos tiña que achegarse a fonte pública, por iso aínda resulta máis admirable a excelente calidade dos seus negativos formato 6x6. E asombra que rara vez usara máis dun negativo para cada foto, o que demostra dominio do retrato e control dos elementos que encadraba.


Como fotógrafo dunha comarca de marcado carácter rural, movese polas aldeas e pobos veciños na súa Lambretta sacando fotos para o DNI, sobre todo dende que este convertese en documento obrigatorio a principios dos 60; En pouco tempo converteuse no fotógrafo máis solicitado para reportaxes de cerimonias, vodas, retratos, preitos, funerais e bautismos, documentando coa súa cámara os momentos clave na vida das persoas e familias de toda a bisbarra de Terra de Montes, chegou a facer unha voda diaria, excepto os martes, polo visto ninguén se casaba en martes, así que en 1967 compra un Seat 1500, “o coche das noivas”, pero non tarda en diminuír a frecuencia das vodas, reducidas a fins de semana; a maioría das obras de Vieitez son en branco e negro, aínda que a partir dos 70 comeza a alternar branco e negro con color, pero sempre prefire o branco e negro porque permitelle traballar a fotografía no laboratorio pola súa conta. A obra dun fotógrafo rural na Galicia onde exerceu como retratista nos 50, 60 e 70, un oficio que resulta arte a través dunha mirada que conxuga sentido intuitivo e posta en escena, elegancia formal e ausencia de engano, xusto porque só pon a vista na escena.


Parte da obra fotográfica de Virxilio Viéitez compóñena retratos en exteriores, en parte porque movíase dunha aldea a outra, pero sobre todo porque lle permitía unha maior liberdade de composición que no estudio. Aínda cando os clientes acudían a súa casa para facerse un retrato, il sacábaos á horta, cambiando os típicos fondos de estudio por unhas verzas ou uns froitais. O efecto desta combinación e posta en escena resulta, cércano e insólito, rústico e refinado. Basta contemplar a esas mulleres enloitadas, vestidas para saír, no medio dun carreiro flanqueadas por testos, elementos decorativos propios das fotografías de estudo…

As fotos de Virxilio Viéitez, nunca acicalan o modelo nin o escenario, nunca enmascaran a condición humilde dos retratados e dos lugares que habitan, nunca lle pedía a quén posaba que sorrira. Diríase co rigor dos encadres revelan un inconsciente carácter de estilo… só son fotografías con visos de cartas, novelas ou películas nun instante revelador dun tempo cravado na memoria.
A inmersión no tempo, para recuperar o presente suspendido na viaxe a nosa infancia que representa a obra de Virxilio Viéitez, porque o tempo pasado sobre esas fotografías é o mellor axudante do fotógrafo. E só os grandes alcanzan ese privilexio có tempo colabore con eles, non só para ser fixado ou preservado, senón para ser vivido tempo despois.


Ademais das fotografías xa coñecidas, que podemos considerar clásicos da fotografía española, unha serie de traballos inéditos, capaces de desvelar a orixinalidade que posuía Vieitez á hora de interpretar o xénero do retrato fotográfico, realizadas sempre sobre un fondo branco, que ofrecen unha representación etnográfica de gran valor, a través de rostros de persoas que, aínda coa súa singularidade e características propias, compoñen o retrato dun pobo. As primeiras fotografías en cor de Vieitez; obras que marcan o avance dunha época na cal a innovación tecnolóxica coincide con cambios políticos e sociais que desencaixan e forzan tamén a linguaxe fotográfica.
Cando se inventou a fotografía, ninguén podía imaxinar o pouco que encaixaría o seu futuro dentro de esquemas e definicións. Non obstante, o seu destino xa estaba salpicado de achegas, non só no campo da tecnoloxía (o factor máis previsible) senón tamén no seu goce, na súa linguaxe e no seu valor. A natureza mesma da fotografía implica certa dose de ambigüidade que fai difícil encaixar unha imaxe nun contexto definido. Unha fotografía pode nacer cunha función moi precisa, para despois adquirir novas connotacións.
Un excelente exemplo desa metamorfose que a fotografía leva no seu ADN é a obra de Virxilio Vieitez. Un fotógrafo que sabía, ou mellor dito sentía, que era o mellor no seu oficio, pero que non se consideraba a si mesmo autor, e que dende logo non imaxinaba que, despois de cincuenta anos, se recoñecería na súa produción o valor ‘autorial’ e artístico que o situou nunha encrucillada de xéneros e saberes.
Virxilio Vieitez a diferenza doutros, tiña un talento especial para conferir solemnidade a cada un dos retratos que realizaba. O seu estilo era inconfundible. Posuía unha capacidade e unha intuición extraordinarias á hora de formular a posta en escena, na que incluía obxectos e suxería poses que ás veces rozaban o surrealismo pero que, malia iso, convertíanse logo en fragmentos de verdade, fortemente enlazados co seu entorno.
O seu papel de fotógrafo de pobo naqueles tempos gozaba de gran prestixio e encaixaba perfectamente no carácter dun personaxe especial: intelixente, rápido, competente, instintivo e consciente das súas facultades. Daba ordes aos seus modelos cunha firmeza que non admitía discusión e cunha lucidez que garantía o resultado.
Dos primeiros retratos de estudio (segundo ditaban os costumes da época) aos que ambientaba ao aire libre, os seus preferidos; das reportaxes de cerimonias ás fotos de tamaño carné para o DNI, así como os retratos para enviar aos moitos familiares emigrados: o conxunto das súas imaxes ofrece hoxe un excelente testemuño etnográfico, que se converte en memoria dun pobo e dunha época.


‘Eu estudaba a papeleta e, cando premía o disparador, iso era o tiro seguro’. Virxilio Vieitez

Il só era un fotógrafo e ganábase a vida retratando ás xentes de Soutelo de Montes e bisbarra. Qué ia coñecer Virxilio Viéitez. Nin sequera imaxinaba cas súas fotos tiveran ningunha importancia máis alá das que conservaran seus retratados, fotos gardadas en latas de Cola-cao… ábrense de cando en vez, cando a memoria empuxa a recobrar as imaxes pasadas. O mundo, en caixas de Cola-cao, gustaríame saber delas…


A mediados dos 80 abandona definitivamente a fotografía e nos 90 súa filla Keka tómalle o relevo, tiña aprendido o oficio con él. Foi Keka quén en 1997 organizou unha exposición dun centenar de fotos en Soutelo, cansa de peregrinar cunha carpeta coa obra de Virxilio Vieitez baixo o brazo polas institucións galegas e que lle dirán largas unha e outra vez, así polo menos poderían velas aqueles que foran retratados polo seu pai, ou os seus descendentes.
Il só era un retratista de aldea. Pero, mira por ónde, Christian Caujolle, o director da revista Vu' viu a súa obra na Fotobienal de Vigo (1998), e levouno a París. E de aí ao mundo.

O seu corpo morreu na madrugada do 15 de xullo do 2008, no seu pobo natal.

Ver máis:

domingo, 10 de abril de 2011

Islandia: a revolución silenciada (r-EVOLUCION)

Por: abc Abril 2011
Qué está a pasar en Islandia? 
anarquía, surrealismo e creatividade 
lideran a revolución de Europa… 
Islandia, un exemplo a seguir. 
Só hai que copiar o que se fai mellor.

Recentemente sorprendéronos os acontecementos de Tunicia e Exipto desembocando na fuxida dos tiranos Ben Alí e Mubarak, demócratas para occidente ata antonte e alumnos exemplares do FMI. Sen embargo, outra r-EVOLUCION que ten lugar dende fai dous anos ten sido convenientemente silenciada polos medios de comunicación ao servizo das oligarquías europeas. Ocorreu na mesmísima Europa (no sentido xeopolítico), nun país coa democracia probablemente máis antiga do mundo, cuxos orixes remóntanse ao ano 930, que ocupou o primeiro lugar no informe da ONU do Índice de Desenrolo Humano do 2007/2008. [...] Tratase de Islandia, onde se fixo dimitir a un goberno ao completo, nacionalizáronse os principais bancos, decidiuse non pagar a débeda que estes crearan coa Gran Bretaña e Holanda a causa da súa execrable política financeira e acabase de crear unha asemblea popular para reescribir a súa constitución. E todo elo de forma pacífica: a golpe de cazarola, gritos e atinado lanzamento de ovos…

A cuestión foi abordaba fai uns días, a silenciada revolución islandesa, que supuxo a viraxe no panorama político desta pequena nación europea, preguntarédesvos (como eu) cál é o motivo de que un feito destas proporcións non tivera reflexo mediatico, mentres  almorzamos, comemos e cenamos cos sucesos do Magreb, coas revoltas populares de Tunicia, Exipto ou Libia (3 xornalistas chegou a ter TVE no Cairo).

Se en Islandia pasan cousas, por qué non nolas contan?

As mobilizacións en Islandia, cargáronse dous gobernos, esixiron encarcerar aos xerifaltes económicos do país e negáronse a asumir as débedas dos bancos, promoveron unha asemblea popular para redactar unha nova Constitución, e déronlle corte de mangas ao FMI e ós mercados, estas mobilizacións non poden ser presentadas polos medios con simpatía, senón con preocupación. Porque subirían ao escenario a un pobo que, lonxe de dobregarse, asumir débedas alleas e imposicións irracionais, dixo basta. O efecto de imitación que provocan os medios é salvaxe, cando a televisión estivo no centro das revoltas dos países do Este, comezaron a imitarse os uns ós outros; mesmo nas revoltas do Magreb, cos efectos que estamos vendo. Por iso é preciso silenciar a Islandia, e poñer sordina ás dez Folgas Xerais de Grecia, non vaia ser… se cadra danos por pensar, que home, igual teñen razón os islandeses e xa vale de que nos tomen o pelo. Empezamos a reunirnos nas prazas, a coller cazarolas, e a dicirlles aos Tanto-monta-Monta-tanto (PP-PSOE-CIU-PNV-CC) que ata aquí temos chegado. Unha vez máis por se aínda non o tiñamos claro, como os medios de comunicación, nos restrinxen o dereito á información, a servizo de quén están [...].

…a presión popular provocou grandes cambios no país.

En resume quen nós goberna son os Moody's (axencias de cualificación) baixo unha perspectiva de ganancia e beneficios na que non importa o cómo, senón o cuanto, baseada na especulación e en converter os bancos en casinos. O mesmos que provocan a crises que sufrimos e pagamos só os asalariados obrigando ós Gobernos a facer recortes sociais e laborais. Facendo un terceiro mundo dentro de Europa, na que países como Grecia, Irlanda, Portugal ou España terán que pagar a débeda desta sociedade disfrazada de democracia… onde a corrupción (inclúo calquera aproveitamento que se faga dun cargo publico) segue tocando a case que tódolos partidos (da igual: local, autonómicos, etc…) co triste resultado que a día de hoxe chegouse a normalizar de tal maneira que apenas inflúe nas eleccións.

Manda carallo!!!

A maioría da poboación española, europea, soña con dicir NON ós bancos, pero ninguén nos atrevemos a facelo. Ninguén, salvo os islandeses, despois dunha fonda crises levaron a cabo unha presión cidadán, unha revolución pacífica conseguindo no só tombar un goberno e redactar unha nova constitución (en proceso), senón encarcerando ós banqueiros responsables do caos económico do país (9 persoas en Londres e Reikjiavik), unha reacción cidadán sen precedentes, unha revolución sen armas, na que lograron a base de manifestacións e cazaroladas, cambiar o rumbo do país.   

Este silenciado proceso revolucionario ten orixe en 2008, cando o Goberno islandés decidiu nacionalizar os tres principais bancos, Landsbanki Kaupthing e Glitnir, cuxos clientes eran principalmente ingleses, e estadounidenses.
Trala entrada do Estado no capital a moeda oficial (krona) derrubábase, e a bolsa suspende a súa actividade tras un afundimento do 76%. Islandia entra en bancarrota e para salvala situación, o Fondo Monetario Internacional (FMI) inxecta 2.100 millóns de dólares e os países nórdicos axudan con outros 2.500.


As grandes pequenas vitorias da xente de a pe
Mentres bancos e autoridades locais i estranxeiras buscaban a desesperada solucións económicas, o pobo islandés votase a rúa e con insistentes manifestacións diarias fronte o parlamento de Riekjavik provoca a dimisión do primeiro ministro, o conservador Geir H. Haarden, e todo o seu Goberno. O primeiro Goberno (único que eu saiba) que cae vítima da crises mundial.
Os cidadáns esixen, ademais, que se convoquen eleccións anticipadas, e conségueno. En abril sae elixido por votación un Goberno de coalición formado pola Alianza Socialdemócrata e o Movemento de Esquerda Verde, encabezado por unha nova Primeira Ministra, Jóhanna Sigurðardóttir.
Durante todo o 2009 a economía islandesa continuou en situación precaria (pechando o ano cunha caída do 7% del PIB), pese a elo, o Parlamento propón a devolución da débeda a Gran Bretaña e Holanda mediante o pago de 3.500 millóns de euros, unha suma que debían pagar tódalas familias islandesas mensualmente durante 15 anos ao 5,5% de xuros.
Dita medida provocou a ira dos islandeses de novo, e volveron a tomar as rúas esixindo que, como mínimo, esa decisión fora sometida a referéndum. Outra nova pequena grande vitoria das protestas nas rúas: en marzo do 2010 votábase, e un esmágante 93% da poboación negábase a devolver a débeda nesas condicións.
Con elo conseguiron que os acredores cavilaran o acordo mellorándoo, ofrecendo os xuros ao 3% e o pago a 37 anos. Nin sequera iso foi suficiente, o presidente actual, vendo que o Parlamento aprobaba este acordo por un marxe moi estreito, decidiu o mes pasado non ratifícalo e chamar de novo a os islandeses a votar en referéndum para que sexan eles os que teñan a derradeira palabra.

Falóusenos desto nos medios de comunicación?
Comentouse nos repugnantes faladoiros de politicastros e mercenarios da desinformación?
Víronse imaxes dos feitos pola TV?


Os banqueiros fuxen atemorizados
Volvendo á tensa situación de 2010, mentres os islandeses néganse a pagar unha débeda que contraeran os 'tiburóns' financeiros sen preguntarlles, o Goberno de coalición inicia unha investigación para dirimir xuridicamente as responsabilidades da fatal crises económica e detén a varios banqueiros e altos executivos estreitamente relacionados coas operacións de risco.
A Interpol, polo seu lado, dita unha orden internacional de arresto contra o ex presidente do Parlamento, Sigurdur Einarsson. Esta situación fai que banqueiros i executivos, atemorizados, abandonen o país en masa.
Neste contexto de crises, elixiuse unha asemblea para redactar unha nova constitución que recolla as leccións aprendidas e que cambie a actual, inspirada na constitución danesa.
Para elo, en vez de chamar a expertos e políticos, Islandia decidiu recorrer directamente ao pobo, soberano o fin e o cabo das leis. Máis de 500 islandeses presentáronse candidatos para participar neste exercicio de democracia directa e redactar a constitución, destes foron elixidos 25 cidadáns sen filiación política entre os que hai avogados, estudantes, periodistas, granxeiros, representantes sindicais…
Entre outras novidades, esta constitución está chamada a protexer como ningunha outra as liberdades de información e de expresión coa chamada Iniciativa Islandesa Moderna para Medios de Comunicación, un proxecto de lei que pretende facer do país un refuxio seguro para o periodismo de investigación e a liberdade de información onde se protexan fontes, periodistas e provedores de Internet que aloxen información periodística.
Será o pobo, por unha vez, o que decida sobre o futuro do país mentres banqueiros e políticos asistan (algúns dende a cadea) á transformación dunha nación, pero dende a barreira [...].

O país ten iniciado negociacións para entrar na Unión Europea, esperemos ocorra o contrario, que sexa Europa a que entre en Islandia, porque esa parece a verdadeira Europa dos pobos.

Un lostrego de democracia auténtica, exemplo de que as nosas aspiracións non son soñadas. Un aviso a tanto corrupto estafador. Un camiño cara onde camiñar ilusionados. Unha fiestra ao futuro, unha corrente de ar fresco. Fagamos por ter a nosa iniciativa... creemos novas realidades.
Ver máis:

SOBRE O CAMBIO NA DIRECCIÓN DE ENFERMERÍA

Por: G.A. Facebook Luns, 28 de Marzo de 2011


Cando un está diante do alcance que significa nomear unha Dirección de Enfermería cuxos activos equivalen a Matronas, Fisioterapeutas, Enfermeiras, Técnicos (…de raios, laboratorio, anatomía etc.) e Aux. de Enfermeira,... unha Dirección de Enfermería que xestiona máis do 50% do total de traballadores do HCV e que debería ser peza fundamental en calquera hospital. A enfermería de súpeto é obrigada a dar un paso que significa non romper co cordón umbilical que a ata aos médicos, emprendendo un camiño de difícil retorno. Mudar de Dirección non é un simple cambio de figura visible. A Xerencia con este nomeamento, vexo que só busca o prototipo de enfermería de outros tempos: calada, submisa, abnegada e cumpridora, mudando de forma substancial o modelo de funcionamento, rompendo os vencellos do tecido  produtivo deste Hospital.

Todo iso é algo que irá esmorecendo de xeito máis ou menos rápido nos vindeiros meses e anos. Pola súa capilaridade ninguén o sentirá como un golpe radical pero silandeiramente irá facéndonos a todos máis pobres, en tódolos sentidos. E isto dito, por se tivéramos algunha dúbida, por alguén que non é enfermeiro nin médico, e que ten sido crítico con moitas das actuacións de enfermeiras e médicos, pero que, ao mesmo tempo, é quen de entender a relevancia e amplitude do labor que realizan, e, sobre todo, a potencialidade para facer moito máis e mellor. O certo é que todo iso é algo que, como sociedade, empezamos a perder desde o día en que a Directora Xerente actual sen ningún tipo de convocatoria traspasou a Dirección de Enfermería (por dimisión do anterior), así como a maioría dos Supervisores. E seguiremos perdendo ata o día que nos demos conta de como se fan as cousas con esta Xerente.

Por non falar da desaparición de postos de traballo ou cantidade de pequenas actividades en todos os recunchos do mesmo. Un non pode máis que sentir unha profunda sensación de decepción e enfado a partes iguais.

Debo dicir que o que máis me descorazona é a irresponsable submisión da enfermería aos ditados dos poderes médicos, que, no caso do HCV só obedecen aos intereses de dúas familias, como un sedicioso neocentralismo que aspiran a concentrar e controlar todas as parcelas de poder no noso hospital, á costa de estrangular a capacidade de imaxinación e bo facer dos profesionais das distintas categorías, aló menos daquelas que se deixan.

Descorazona cá enfermería deste hospital teña tan pouca clareza e conciencia dos seus intereses estratéxicos como para non converter isto nun auténtico ‘motivo de guerra’.
Descorazona que algúns sindicatos e outras forzas vivas sexan quén de erguer barricadas para estúpidas batalliñas localistas e fraticidas pero sexan incapaces de falar alto e claro cunha única voz cando nos rouban calidade na atencion sanitaria.
Descorazona que os centros de creación de opinión do país bailen á corda dos partidos maioritarios e conviden a impartir doutrina aos seus voceiros. Ou que o Colexio de Enfermería, non diga unha palabra neste e outros debates.

En fin, temos o xusto pago por ser unha sociedade sen pulso propio, cunha elite gobernante delegada e silenciada polo simple temor a perder unha esmola ou unha franquía.

Hoxe a profesión de enfermería pasou dunha función supeditada a os médicos a unha función independente, coas súas propias competencias e ámbito de práctica profesional, asistindo ao desenrolo da práctica baseada na evidencia. A sociedade non pode abordar os graves problemas do noso tempo sen contar cos coñecementos e capacidades da enfermería, algúns pendentes de actualización, ou en proceso como: a Licenciatura, a Especialidade, a Prescrición farmacolóxica…

Unha dirección forte en enfermería é de importancia crítica para desenrolar as súas capacidades, e para facer realidade a visión de futuro, con coñecementos, estratexias e fortaleza, que podan dirixir e xestionar os servizos cooperando co resto dos traballadores para conformar a política sanitaria. O entorno actual esixe incrementar influencia política como persoas e como profesionais, en beneficio dos servizos que prestamos, necesítanse enfermeiras que colaboren cos demais dispensadores de atención de saúde, para establecer a maneira óptima de mellorar.

En definitiva, estudar a función das profesións de saúde no futuro sistema social de Europa baseándose en criterios tales como a competencia, a armonización, a responsabilidade, a eficacia e a solidariedade. A enfermería ten que ter voz forte e unida, e para que esta voz se escoite, ten que expoñer claramente as súas posicións e influír en favor delas.

Estamos inmersos nunha fase periódica de pesimismo, un estado de espírito tan noso que nos fai adquirir un complexo autárquico de inferioridade, de malos augurios. Dende hai tempo empéñome en atopar, entre os escombros do desespero, raios de esperanza, xa que non boas noticias. Nunca quixen sentirme médico, nin enfermeiro, nin xestor, pese a estima que sinto por todos. Aquí e agora, trato de ser optimista co HCV, hai que dar fin a monotonía acomodaticia, o mesmo somos un gran hospital, e iso non no lo quita ningunha mala Xestión, nin unha pouco carismática enfermería que non vive seus mellores momentos de imaxe precisamente, e que non aporta outras solucións que non veñan xa dadas pola sociedade, que somos vostede e eu.

Sempre pensei que unha parte substancial arranca da autoestima e o orgullo como profesional, a unidade, o traballo colectivo, a honradez e as ganas de innovar. Agora estamos como achantados e, así, calquera palmadiña de ánimo dada por alguén énchenos de orgullo a uns e de ira mal contida a outros, …non estamos tan mal, xa cho dicía eu.

Botar ou que dimitan Director de Enfermería e a maioría de Supervisores pode ser unha solución (podería ser), pero non é, dende logo, 'a' solución: a solución comeza e pasa por nós, polos traballadores/as en primeiro tempo (o malestar é o principal problema), as ocorrencias sen sentido, o afán de prohibir, de lexislar no baleiro, outro.

Cómo ilusionar a estes traballadores/as resignados pero cabreados, escépticos a todo? pode que o pretendan substituíndo unha Dirección de Enfermería por outra, co espellismo do cambio. Pero o que verdadeiramente paréceme urxente cambiar é este estado de ánimo colectivo, tan chumbado, conscientes todos de que recuperar voo é posible, case inevitable. Iso si sería unha boa noticia, sería un notición…