venres, 1 de xullo de 2011

ARDE GALIZA!!

Por: Abc

A queima dos montes xa forma parte da nosa paisaxe de verán, homes e mulleres loitan apagando lumes para salvar o seu, a flora, a fauna, a dignidade deste país… outros adícanse a recortar gastos, e manternos sen información, (Ollos que no ven, corazón que non sinte) deste xeito o que non ves non existe!! pobre estratexia, dende logo, non axuda a concienciación do problema, nin a que votantes e institucións asuman responsabilidades e atopen solucións.


Ala polo 2006 o partido que hoxe ten a responsabilidade de gobernar esixía comisións de investigación convocaba manifestacións ao lema de “Non pases paxina. Galicia non o merece” chegando a dicir “Con nós non morría xente nos incendios, co bipartito catro persoas” intentos de sacar rédito político como a foto da “mangueira de xardín”



Hoxe Feijolito califica de “óptima” e o conselleiro de Medio Rural de “ejemplar” a xestión dos incendios, parapetándose tras comparecencias sen preguntas… cando o único que se pide e información.

Cando vemos estas declaracións carentes de contido programático, recorrentes e descubrindo o que xa todos sabemos “os incendios son intencionados”, enfermos, desalmados e delincuentes sempre houbo e haberá, e mentres non tomemos conciencia que os desastres ecolóxicos a todos nos afectan, e todos somos responsables, e mentres o lume popularmente sexa o medio máis barato de limpar o monte, e unha vez posto en marcha moi difícil de controlar, o incendiario só exista cando non temos outra explicación e só nos lembramos del cando o monte arde.


Ninguén coñece receita máis eficaz ca educación ambiental…


Por todo isto, e o que se me escapa, unha política completa cotra o lume non esta só en gastar millóns e millóns na extinción, esta tamén nas tarefas de prevención, moi importante, en por en valor os recursos forestais, non estou menosprezando as labores de extinción, son todas complementarias sen esquecernos da vixilancia…


Agora ben, o peor é esquecelas todas a un tempo, e esperar que non ocorra nada, pensar que os incendios son unha desgraza que lle ocorre sempre a outros pero non a nós, porque somos máis listos e máis eficientes, ou se cadra chove, por iso resultan preocupantes os recortes do actual goberno (os incendios apáganse no inverno) nas actividades de limpeza, prevención e ausencia de políticas estruturais no medio rural, poñendo as bases para nunha privatización do monte…



Recortar non é o mesmo que aforrar.


Que cada quen escolla: “cada un fai no seu o que lle peta” vivindo de costas o problema da descomposición do rural, namentres se espalla o desanimo e o prezo das terras cae para beneficio de outros (canteiras, parques eólicos, monocultivos de piñeiros e eucaliptos…) abandonados pola xente sen oportunidade de vida... ou, un digamos pacto social e político, que mude a tendencia de despoboamento tendo en conta a diversidade de funcións (ecolóxicas, económicas, turísticas, culturais, sociais…) onde prevención e extinción convivan. Se cadra pode que Galiza non mude do verde ao negro.



Os mesmos que antes condenaban ós membros de outro goberno, e pedían dimisión, agora condenan incendiarios.


Para o conselleiro Juárez, que diminuíu a franxa de protección de 100 a 50 m. das vivendas, que dixo que o rural galego non ten futuro, que aceptou o recorte de gastos en prevención de incendios, e que afirmou, dando a entender có propio persoal de extinción puña lume aos montes galegos... o importante é, a data fixada para iniciar as intervencións: a campaña debe comezar o 1 de xullo, e se os lumes xorden antes, é que se trabucaron, non o conselleiro có tiña todo previsto e organizado... se arden centos de ha. entre o 25 de xuño e o 1 de xullo, iso non importa, o programa é perfecto e cúmprese ao pé da letra, se afecta a menos de 20 ha., non conta, silencio! se non se di nada, non existe!. E para isto Medio Rural acaba de conceder 540.000 € a catro periódicos en plena campaña antiincendios, xa que en catro meses as lapas en Galiza arrasaron máis de 2.600 ha., fronte as 700 da campaña 2010, case catro veces máis, sendo Ourense a máis afectada, cun 91% do arrasado...

É o que hai!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario