venres, 18 de novembro de 2011

ANTES DA XORNADA DE REFLEXIÓN

por abc

Porque se empeña Rajoy en esquivar os temas críticos, en agocharse no común, en non precisar nunca como alcanzar o paraíso prometido. Ninguén se parou a pensar que as súas receitas de seren publicas, provocarían rexeitamento, é dicir, prexudicaríano nos comicios. Non nós chega aos votantes, coas confabulacións e os trapicheos nos lugares onde goberna o PP… Esperanciña en Madrid a raíña das privatizacións, Cospedal acaba de chegar e convértese na raíña do recorte… O derroche no Concello de Madrid ou na comunidade Valéncia… cacarexantes políticos de corral, gurtelianos de Rajoy...

Contrasta a faciana de anxo de Rajoy hoxe, coa agresividade dos derradeiros oito anos, esta metamorfose non sorprende a ninguén?

Quén nos garante que non sexan como antes?
E, coa maioría absoluta?

Tedes cavilado se se creará emprego só cun cambio de Goberno?

A dereita hoxe cohesionada, agocha baixo o paraugas do PP, a toda unha extrema dereita, un tea party de conservadores, fundamentalistas católicos, xenófobos, neoliberais… de tódalas raleas que só a forza magnética do poder, aglutina… Todos reclamaran a súa parte do botín unha vez pasado o 20N…

Difícil atopar un Goberno máis amigo do clero, un Goberno máis amigo de empresarios. Que motivos ten Rajoy contra dos que están contra o esmorecemento do sector publico, contra os privilexios dos que máis teñen, contra o retroceso ideolóxico, ou contra a perda de dereitos que tantos anos levou acadar?

Rajoy fixo un programa o suficientemente xenérico, para incumprilo conscentemente facendo o que lle veña en gana. Non creo có problema do paro se resolva cun cambio de Goberno; en Europa faremos o que ós qué mandan queiran, como pasou en Grecia e Italia... O BCE, FMI, Goldman & Sachs, Standard & Poor's etc, etc... Quitan e poñen gobernos o seu capricho, fannos crer cá política fracasou e son necesarios 'técnicos', é dicir uns empregados o seu servizo. A clase política entrégalles o poder a uns tipos que non foron elixidos democraticamente e agora son Primeiros Ministros!!! Para quén traballan estas persoas? A qué intereses responden? Os Mercados mandan os Gobernos obedecen, nós somos reféns das súas conveniencias e caprichos, as nosas vidas perténcenlles.

Sr. Rajoy isto non é 1996 xa non temos empresas públicas que privatizar e non podemos contar co diñeiro da Unión Europea... Na Europa do euro, os chamados Mercados terán mans libres para facer a política que queiran; a partir do 20N xa só quedara, paréceme, un Goberno de 'esquerdas', que pasara logo cando Sarkozy e Merkel caían como pronostican… Nós, outra vez co paso cambiado?!

Tenro amor

Se como din os do PP: as pensións manterán o poder adquisitivo, non tocaran as prestacións de desemprego, non subiran o IVE, non haberá copago sanitario… A única vía de activos sabedes cal é? …entendo que outra vez os soldos dos funcionarios, unha reforma laboral que provocará unha baixa nos salarios, argumentando motivos económicos, iso, ou non cumprir promesas. De onde sae a pasta, como se gasta e en qué?

En vez de planear como acadar máis pelas, como estimular a economía; o que fan é baixarnos a paga semanal como facían os nosos pais cando eramos adolescentes.

O que non quere dicir có PSOE sexa garante do contrario… as probas ma remito…
Que vostede o reflexione ben!


Ningún comentario:

Publicar un comentario