venres, 20 de abril de 2012

Tralo perdón do rei, volven as rebaixas.

por:abc

‘Su majestad’ comunicou o luns que quería pedir perdón publicamente e que desexaba facelo canto antes. Pretendía saír o paso das críticas e rematar a polémica "Estoy deseando retomar mis obligaciones... Y lo siento mucho. Me he equivocado y no volverá a ocurrir", declarou o monarca en ton compunxido, tenso, áspero. Non falou da inmoralidade que supón matar animais, máis se estes están en perigo de extinción, nun planeta devastado pola avaricia dos intereses económicos que ignoran a interinidade de vida no planeta. Thomas Alba Edison dicía “a cultura da non violencia é a que nos pode levar á paz, mentres non deixemos de danar a outros seres vivos non deixaremos de ser uns vulgares salvaxes”.


Todos sabemos que poucos seres humanos son capaces de mudala súa conduta os 74 anos. Menos, cando toda a túa pracenteira existencia transcorreu rodeado dunha almofada de benestar, asegurada pola obediencia dos súbditos. Este “Jefe del Estado” por “dereito de sangue” non necesita da reafirmación cidadán cara a revalidar nas eleccións a confianza na xestión. O seu papel público reducido a ler discursos ausentes de contido mentres o gordo da expresión informativa comprometese á atribución fiel dunha imaxe maquillada da maneira máis estética posible, sen fisuras. Pero esa vida privada do soberano, có leva a preferir a morte cruel de mamíferos superiores por divertimento en lugar de practicar el nobre arte do tute, que comparte un ocio viscoso con aristócratas compracentes e especuladores de toda calaña, non, non mudara da noite para á mañá, atopase enquistada como o chapapote ao pulmón dun fumador, sen retorno. En definitiva, e sumando as similitudes de reparación de culpa pública, có mitin de Iñaki Urdangarín á porta dos xulgados de Palma de Mallorca, manifesta que nos xardíns palacianos parece non reciclaran as estratexias de comunicación, xa será considerable o segmento da poboación que deixou de crer cós coellos saen das chisteras que manexan, como unha sorte de prestidixitador improvisado, os mensaxes que debemos aceptar, palabra de rei.



A existencia de sectores da sociedade dispostos a defender o dereito da Coroa a facer o que lle veña en gana; é dicir xente disposta a outorgarllo. O que non obriga ós demais a aceptalo. As desculpas do rei, por loables que sexan, non rematan a cuestión da idoneidade da monarquía en relación coa República, un debate lexítimo,  tan defendible hoxe como onte e que non depende de si o rei comete algún fallo ou erro. Pretender cás desculpas do rei demostren a superioridade da Monarquía é confundir desexos con realidades.

E mentres falábamos do rei do mambo e do tango de Repsol desmantelan o estado do benestar.

E todo volverá a ocorrer porque a separación de poderes mudou en separación de persoas. Os cidadáns estamos a recibir unha dieta dura de mentira por día, mentres os monopolistas das institucións, tanto caza, caza tanto, instauran, como estratexia xeral, ir paulatinamente desdicindo seus previsibles embustes, con novos argumentos espurios, as propostas presentase coa “neo-lengua” oficial: "ha universalizado la sanidad", "no hay cosa que tenga más valor que una medicina que cura enfermedades" "hemos aprobado una medida aprobada" “la reforma es para garantizar la sanidad pública, universal y gratuita.” Xusto o contrario do que conseguiría aplicándoa, e máis en liña co que afirmaba o portavoz de sanidade do PP no Senado, cando dixo que había que dicir a verdade: “universalidade, equidade, gratuidade e solidariedade son unha utopía”. Ana Mato, a ministra da eterna engurra, parece que intenta aproveitar esas ondulacións faciais para evitar que detectemos as súas sonoras falacias, a da perda de visión cando no viu o Ferrari no seu garaxe, dislalia nas definicións e amnesia... hummmm... Eu fariame un TAC… non ten a habilidade oratoria como sinal de identidade. Durante o anuncio que fixo a conta da implantación do ‘repago sanitario’ en forma de abono de medicamentos a cargo de sectores socialmente debilitados, afirmou que isto supón un acto de valentía de cara a salvagardar a cobertura sanitaria nacional como principio irrenunciable. Minte. Valentía houbera suposto enfrontarse ás grandes farmacéuticas implantando as receitas por doses de tratamento, a unificación das numerosas centrais de compras para exixir presuposto único e, finalmente, a obrigatoriedade dos medicamentos xenéricos no receitario que emane da medicina pública. Degradar as pensións ou facer pagar ós súbditos cidadáns xubilados, magníficos xogadores de tute, ou ós enfermos crónicos, é un acto de covardía que se ceba cos máis débiles. De igual maneira no caso Repsol a conta da nacionalización de YPF, o executivo demostra estar o servizo das corporacións e accionistas, non dos cidadáns. E o rei, o servizo de seus intereses empresariais e do divertimento. Todos, o verse rodeados, realizan solemnes actos de contrición teledirixidos pero, non nos enganemos: todo aquilo do que din arrepentirse, (como a austeridade prometida de Rajoy un 46,43% máis de asesores e un 27,6% más de cargos nomeados ‘a dedo’) todo volverá a ocorrer, vaia se volverá!



O sistema sanitario español era (ata o de agora) un dos máis eficientes. O consumo en servizos máis caros (os de Hospitalización) é menor que en outros países. Pode e debese mellorar nas indicacións de medicamentos, probas e outros tratamentos (sobre todo en hospitais). Pode e debese mellorar a educación sanitaria para un uso responsable. Pode mellorar a xestión de compras. Pode e debese mellorar a coordinación sociosanitaria. Pero o repago sanitario non ten nada que ver con esas melloras, é un cambio de modelo. Quérense aproveitar da crises e do medo, para desmontar o concepto de dereito á atención sanitaria pública. Ata o de agora ninguén falou dos gastos de poñer en marcha a medida, novos sistemas informáticos e cambio das tarxetas sanitarias…

Esta reforma supón unha rebaixa nas pensións, e un imposto directo ós enfermos. Pero sobre todo é quitarnos o dereito a que calquera persoa, cando se poña enferma, teña acceso o mesmo servizo e á mesma atención, polo feito de ser cidadán. A universalización do dereito á atención é o que está en xogo. É, unha inxusta rebaixa nas rendas dos traballadores e os seus anciáns. Hai que pechar este burato que aspira a abrir a sanidade cara a privatización.

"Yo voy a proponer un cambio que nos permita primero detener la caída, luego crear empleo y asegurar de verdad las pensiones, la sanidad y la educación" (Mariano Rajoy)

Hoxe atopámonos cun largo listado de recortes onde aparecen gravemente danados os supostos tres piares intocables do Sr. Rajoy:
Dependencia: ............................................... - 100%
Inversión pública: .......................................... - 37'6%
Fomento e infraestruturas: .......................... - 34'6%
I+D: ................................................................ - 34%
Medio ambiente: .......................................... - 31%
Política de vivenda: ...................................... - 31%
Educación: ................................................. - 21'9%
Políticas de creación de emprego: ............ - 21'3%
Cultura: .......................................................... - 15,1%
Sanidade: ...................................................  - 13%
Xustiza: ............................................................ - 5'84%
Casa Real: ...................................................... - 2%
Igrexa Católica: ............................................... - 0%
Pensións: ........................................................ + 1% - 10% (terán que pagar máis polos medicamentos)

Somos o que votamos, e de igual maneira pódense votar partidos republicanos para cambiar o sistema, moita xente vota a partidos que lexitiman á monarquía (opción democrática como calquera outra). Outros ‘tontolabas’ do máis rancio ‘facherio’ confunden o sistema Republicano, cunha idea política de esquerdas. Cando simplemente é un marco de goberno lóxico acorde coa época na que vivimos.

Tremo de pensar cales van ser as seguintes medidas, están probando tolerancia coas publicas, están por ver en teoría as máis suaves... Estamos sendo testemuñas da maior estafa cometida polo estado: mentres a clase política, o clero, as clases podentes co diñeiro en paraísos fiscais, e a monarquía seguen igual, serios respectuosos das leis internacionais permiten o control das multinacionais, a costa do benestar da poboación.
Populismo e cortinas de fumo, a monarquía parlamentaria de España, un país de “praia, ladrillo, casino, corrupción, elefantes, pelotas de goma, especulación, dedocracia e pandeireta”, onde o xefe do estado, o rei elixido polo ditador elixido a súa vez pola graza de deus, vaise a matar elefantes a Bostwana coa querida, e resolve o asunto cun “lo siento, no volverá a ocurrir”  e onde o goberno, salpicado pola corrupción, dedicase a defendelos intereses da Company de quenda alegando có fai polo interese xeneral.

Con “orgullo” e “satisfacción” recibiu o presidente o titulo Dr. Honoris Causa pola Universidade Sergio Arboleda de Bogotá, así foi como Rajoy, bonete na cachola, nunha universidade…! e mentres tanto, na monarquía parlamentaria de España, deixou có seu ministro de Educación, José Ignacio Wert, anunciase cás taxas de matrícula universitarias aumenten un 50%, amontoense ós estudantes nas escolas, redúzanse profesores e establecese o repago nos medicamentos, chegando a establecer cós pensionistas paguen un 10% do prezo dos mesmos… 

Monarquía parlamentaria bananeira de España, onde se fala do rei bananeiro e da Repsol Banana Company, mentres os traballadores perdemos o noso benestar, empeoramos as condiciones de vida, e volvemos a 1940... Teremos dereito de autodefensa …digo eu (?)


This Is Spain, Republic of Banana Company

Máis:

Ningún comentario:

Publicar un comentario