domingo, 24 de xuño de 2012

Bauhaus


"Arquitectos, escultores, pintores, todos nós debemos regresar o traballo manual! [...] Establezamos, polo tanto, unha nova cofradía de artesáns, libres desa arrogancia que divide a unha clase da outra e que busca erixir unha barreira infranqueable entre os artesáns e os artistas! Anhelemos, concibamos e xuntos construíamos o novo edificio do futuro, que dará cabida a todo —á arquitectura, á escultura e á pintura— nunha soa entidade que se alzará ó ceo dende as mans dun millón de artesáns, símbolo cristalino dunha nova fe que xa chega."
Walter Gropius


Bauhaus deriva etimoloxicamente do significado, da unión das palabras en alemán Bau, "da construción", e Haus, "casa" (Casa da Construción), ironicamente, a pesares do nome e do feito de có fundador fose un arquitecto, a Bauhaus non tivo un departamento de arquitectura nos primeiros anos de existencia.

As súas propostas e declaracións de intencións participaban da idea dunha necesaria reforma das ensinanzas artísticas como base para unha conseguinte transformación da sociedade burguesa da época, de acordo co socialismo de fundador.

Os antecedentes da BAUHAUS remóntanse o século XIX. Comezan coas devastadoras consecuencias cá crecente industrialización, primeiro en Inglaterra e máis tarde tamén en Alemaña, tivo nas condicións de vida e na produción dos artesáns a clase obreira. 
O progreso tecnolóxico trouxo consigo un cambio nas estruturas sociais, amplos sectores da poboación se proletarizaron. Pero, deste xeito púidose racionalizar e abaratar a produción de bens. Inglaterra alzouse no século XIX como a potencia industrial máis prominente de Europa. Nas grandes exposicións universais, que dende 1851 exhibían os adiantos técnicos e culturais das nacións, os ingleses estiveron á cabeza ata ben entrados os noventa, sendo os indiscutibles vencedores.
Ó mesmo tempo, os ingleses tiñan reformado, xa dende os anos 50, os procesos educativos para artesáns as Academias. Os alumnos tiñan que deseñar por si mesmos en lugar de copiar modelos dados. Mentres o movemento de talleres da "Morris" representaba algo así como unha utopía realizada, fortes intereses económicos amparaban a reforma educativa. Inglaterra quería manter seu liderado no campo das artes e oficios. Nos anos seguintes fundáronse numerosos "gremios de artesáns", que con frecuencia eran, ademais de gremios, comunas.
Lograr unha cultura do pobo e para o pobo converteuse en aqueles tempos no desafío de case tódolos movementos culturais innovadores e apadriñou tamén a fundación da Bauhaus.
Pero ata a década dos noventa non gañou terreo en Alemaña ata un segundo empurre reformador, importado de Inglaterra a través de Bélxica. Con il introduciuse o JUGENDSTIL (modernismo), que dominaría Europa durante dez ou quince anos.

Fonte: líñas extraídas do libro "Bauhaus" Bauhaus archiv - Magdalena Droste

A CASA DA CONSTRUCIÓN

BAUHAUS, foi fundada en 1919, en Weimar (Alemaña), por Walter Gropius, trasladada en 1925 a Dessau e diluída en 1933 en Berlin. O espírito e as ensinanzas desta institución pode dicirse estendéronse por todo o mundo. 
No MANIFESTO de FUNDACIÓN da Bauhaus explicitaronse ideas que alentaban e pretendían o retorno á unidade perdida entre artesanía e arte, apuntando tanto ós aspectos máis teóricos como ás implicancias sociais desta vinculación. O camiño utópico a transitar era o de volver a lograr a unidade das bellas artes.  
Víase como orixe de moitos erros os desvíos a separación entre Pintura, Escultura e Arquitectura, posterior o Renacemento e que sen embargo na Idade Media formaban unha unidade. Convocábase a xuntar esforzos en busca da Construción da Obra de Arte Total. A cal expresase na obra de arquitectura.

PRIMEIROS ANOS.
Esta aventura comezada en Weimar, tivo en W.Gropius o personaxe aglutinador e este soubo coordinar as variadas tendencias ideolóxicas, artísticas e relixiosas, dos docentes. Na primeira etapa da escola datada de 1919 ata 1923, predominou a vertinte da vanguardia alemaña expresionista. Hannes Meyer sucedeu entre 1928 a 1930, o 30 de xaneiro 1930 a Bauhaus é declarada nos círculos nazis como forza política, como a elite de "cor roxo". O 1 de agosto de 1930, foi despedido por motivos políticos, o seu sucesor como director foi Ludwig Mies van der Rohe. 
O primeiro mestre do curso preliminar, o suízo J. Itten, impulsou unha ensinanza baseada no expresionismo pictórico, na meditación de filosofías e relixións orientais e na pedagoxía de "aprender facendo".  
Isto era unha flagrante oposición á metodoloxía apoiada basicamente en cursos teóricos, imperantes na pedagoxía da época.  
O plan de estudios orixinal que logo modificouse, propuña unha serie de talleres, semellantes os dunha escola de oficios, a realizar concluído o ciclo preliminar, onde o distintivo de cada un era o traballo usando un material base como: pedra, madeira, cerámica, metais, tecidos téxtiles. Tamén había talleres de tipografía, fotografía e murais.
  
ENTRE ARTESANÍA E INDUSTRIA 
A tensión entre a produción artesanal e o mundo da industria sempre existiu na experiencia Bauhaus. As tendencias do expresionismo foron sustituidas a partir do 1923 pola imposición de outras ideas provintes da vangarda internacional da época, como o Neoplasticismo holandés e o Constructivismo Ruso.  
Neste cambio é clave a sustitución de Itten por Lazlo Moholy Nagy, de orixe húngaro. O cal buscou superar o pictórico do enfoque expresionista por a énfase na experiencia do sistemático e o uso dos materiais e obxectos seriados de posible uso industrial.  
O período de Weimar terminase coa crises financeira desta escola estatal e tras largas e difíciles negociaciones a escola mudase a Dessau en 1925, inaugurando un edificio, diseñado especialmente, en formigón armado e con fiestras en muro cortina, paradigma da arquitectura moderna.


Fotos: Edificio da escola en Dessau, 1925-26, no primeiro plano o volume cos talleres e a emblemática tipografía deseñada nos propios talleres.

Fonte:
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario