martes, 13 de novembro de 2012

Como subsistir a unha FOLGA XERAL



Os responsables deste blog apoiamos ás convocatorias da Folga Xeral do 14 N así como as concentracións e amosamos a nosa solidariedade con tódolos traballadores.

…polos efectos negativos cá reforma laboral esta tendo nos dereitos e situación social e laboral, duns traballadores có están a pasar moi mal.


…creemos que non hai outra alternativa máis que loitar contra as medidas cós gobernos europeos están adoptando coa escusa da crises: despido libre e gratuíto, baixadas de salario, aumentos de xornada, recortes das pensións, privatizacións, etc…


…polo impacto negativo no emprego e polo deterioro das condicións de traballo das persoas, ser discriminatoria, e supor o desmantelamento de servizos e políticas igualitarias e un retroceso na igualdade de oportunidades e trato.


…nin un só recorte nin abuso máis en materia e condicións laborais, horas, dereitos sindicais, prestacións por desemprego, traballos precarios, seguridade laboral, subcontratación etc... non é lexítimo a efectos dunha democracia que uns empresarios cada día máis ricos acorden co goberno de costas ós traballadores as súas condicións de vida… nin unha decisión máis, porque os intereses dos traballadores están por riba dos das empresas (que non nos gobernen os mercados).

Eliminación de dereitos de asistencia, peche de servizos e unidades, copago de medicamentos, incremento das taxas universitarias, aumento das taxas xudiciais, despido de persoal, etc…

O que prexudica a España é ter máis de cinco millóns de parados, o que prexudica a España é que están desmantelando, deslocalizando e pechando empresas, o que prexudica a España é recortar salarios, conxelar pensións, aumento da edade de xubilación e reducir prestacións por desemprego, o que prexudica a España é desmantelar a sanidade, a educación, a xustiza para todos, o sistema protección á dependencia; é dicir, a natureza do Estado de Benestar, NON UNHA FOLGA XERAL.

A internacionalización do conflito mostra, o carácter internacional dos atropelos que sufre a clase traballadora. A resposta de Folga internacional é o máis adecuado.

NÓS IMOS A FOLGA, AGORA MÁIS QUE NUNCA!
QUE ELES PAGUEN A SUA CRISES!




Ningún comentario:

Publicar un comentario