luns, 8 de abril de 2013

O proxecto Nu

por abc


Periodistas, psicólogos, académicos, traballadores e estudantes, todos o sabemos… e está máis que demostrado o estándar de beleza para calquera réxime... Nin que dicir ten, o atractivo visual nos compradores de todo o mundo baseado na publicidade. Isto impón un estilo de vida e crea un modelo hexemónico de beleza, todos o coñecemos. E, por suposto, aqueles de nós que non sexamos parte deste modelo, é seguro que imos ser proscritos. Difícil de superar, esta carga adicional que pode chegar a ser particularmente dolorosa, unha vez dentro deste modelo, unha muller debe ser sempre apetecible, desexable. 'Si es fea, pero podes chegar a ser fermosa e atractiva, na miña clínica, por pouco diñeiro’, a miúdo é unha ditadura este paradigma de beleza.
O final do século pasado en España, 500.000 sufrían anorexia... Hoxe é o día, cá enfermidade non ten diminuído.
O bombardeo constante de mulleres fermosas e perfectas afecta e terxiversa o que xulgamos como belo ou atractivo. O asunto tense feito tan importante na nosa sociedade que ata se puxeron en marcha leis que regulan que tanto retoque dixital embelécente se pode aplicar. Ver imaxes "reais" non vai cambiar a industria nin posiblemente a maneira de pensar, pero aló menos dáselle un espazo a aquilo que hoxe incomprensiblemente esta vetado ó público. 

Os espidos venden. É unha máxima absoluta do marketing, a publicidade e a vida. Fai publicidade dun produto demostrando as súas calidades e terás o público que esperas. Agrega a variable de alguén en coiros -ou simplemente unha muller en pose suxestiva- e o efecto multiplicase por milleiros ou pode millóns. Agregar algo de carne ó asunto sempre resulta, pero á vez modifica a nosa percepción do belo. Espidos femininos non son difíciles de atopar nos medios de comunicación, pero os corpos que vemos normalmente representan un alcance relativamente limitado de tamaños e formas. A colección de fotografías de espidos "The Nu Project" tenta engadir un pouco de variedade á mestura, intenta retratar e traer un pouco máis á realidade os corpos e as figuras das mulleres, e, en algúns casos, dos homes que nos rodean.

The Nu Project é unha idea de Matt Blum e a súa esposa Katy onde as modelos que fotografan non son, xustamente, modelos. Son amas de casa, veciñas ou mulleres "comúns" cuxa carreira fronte á cámara é nula. Os corpos son extremadamente variados, abarcando tódolos gustos e sen ningún tipo de discriminación. Si ben apunta a ser un proxecto global, retratando tódolos corpos deste planeta, actualmente o proxecto posúe seis galerías divididas en dúas categorías: mulleres de Norteamérica e mulleres de Sudamérica.




O Proxecto Nu é unha serie de espidos de mulleres "decentes" de todo o mundo; comezou no 2005 e mantense fiel á idea orixinal: non hai modelos profesionais, maquillaxe mínimo e non glamour. O obxectivo do proxecto foi e sigue sendo os suxeitos, seus personaxes, espazos, inseguridades e peculiaridades. E ven a proclamar a deconstrucción dos criterios establecidos, os estereotipos na publicidade e os medios de comunicación e amósanos a beleza natural non os estándares, repetidos, calcados, clonicos…

A algúns pódelle semellar a campaña de Dove, non, nada diso; ata a fecha, máis de 150 mulleres de toda América do Norte e do Sur teñen participado no proxecto. Sen a súa valentía, disposición e confianza, a abrir os seus fogares nada de isto tería sido posible.

Parecéronme preciosas, logo de tanto maquillaxe, raios UVA e Photoshop o belo non reside na silicona e, o cá sociedade ten creado como 'perfección', fotos de mulleres sen intención puramente sexual, de pelo e suor, de carnes para apertar e defectos atractivos, naturais e reais. Que rompen co molde de cara de 'folladora' e corpo de modelo. Só mostran o corpo feminino. Cada quen é como é, non temos que avergoñarnos das nosas porranchas. É o que hai. Descoñezo se existe versión homes?

O máis destacable de estas imaxes -máis alá da nobre tarefa de retratar o desacostumado en materia de erotismo suave- é que son extremadamente naturais. Un podería esperar có tratarse de mulleres sen experiencia de modelaxe, e completamente espidas, tiveran un certo pudor reflectido no rostro. Sen embargo, abundan os sorrisos, as caras expresivas e a falla de vergoña polo propio corpo. 
Se tes interese en participar e ser fotografada/o? Só tes que ser maior de 21 anos e agardar a visita a España.

Outra experiencia na mesma, digamos onda, é a de Julia Kozerski e a súa serie de autorretratos 
"Half".
Esta experiencia si require de moito valor o facer un traballo de auto-retratarse e amosar a auto percepción e a forma na que as demais persoas nos miran. Este é o caso de Julia Kozerski que en decembro do 2009 someteuse a un control de calorías, plan de nutrición, control das porcións de comida e incremento do exercicio o cá levou a unha perda de máis de 97 kilos.

'Mientras que yo realmente creía que mi trabajo duro y la dedicación me transformaría en una persona 'perfecta' de mis sueños, la realidad de lo que ha dado como resultado es todo lo contrario. Mi experiencia contradice lo que los medios de comunicación tienden a retratar. Si bien es fácil de celebrar y apreciar los dramáticos resultados físicos de tal esfuerzo, por debajo de las capas de ropa y detrás de puertas cerradas, existe una muy diferente realidad.'

Estas fotografías son autorretratos, que serven como reflexo dunha experiencia e dirección, explorar cambios físicos e emocionalmente dolorosas loitas, privada de alimentos, a obsesión, o autocontrol, e a propia imaxe. Estas imaxes brutalmente honestas serven para arroxar luz sobre un mesmo…




https://www.facebook.com/TheNuProject
http://thenuproject.com/

Ningún comentario:

Publicar un comentario