mércores, 22 de xaneiro de 2014

Anacos de actualidade

François Hollande

A min os amoríos de François Hollande, inquilino do Elíseo e súa amante, Julie Gayet tráema frouxa e péndulona… o mesmo que se a infanta en vez de paseíño a levan na silliña da raíña…

Resulta que acabouse a recesión, parouse o paro, somos a admiración do globo terráqueo, ben só de EEUU e da Troika, as parturientes de O Barco teñen que parir en Ourense, por non sei que problema da privatización da electromediciña, cousa dos recortes, digo axustes, lesionase Neymar... E vou eu, e non me decato. En España vai todo vento en popa e Gamonal a toda hostia, e acaparan o meu televisor e invaden a miña vida privada coas infidelidades do presidente galo e se a primeira dama entra ou sae do hospital dun ataque de cornos, digo melancolia… Manda carallo!!


Posdata: está mellor visto participar nunha guerra invadindo países, ser corrupto, coller sobres, gobernar a favor dos bancos. Pero non entra na cabeza que si es ou non infiel, só afecta á vida da parella. Os nosos gobernantes xa quixeran ligar pero dan tanto noxo que non se comen un rosco. Viva as relacións entre persoas!!



Gallardón e Aguirre piden evítese o 'paseíño' da infanta ante os xulgados

Chegados a este punto o Sr. Gallardón perdeu definitivamente a cachola... Todo un Ministro de Xustiza (igual para todos), paseíño non! Se cadra mellor, alfombra roxa para os reais pes da infanta… Se calquera español tivera que declarar nun xuízo deixaríano entrar polo garaxe? Non? Pois iso, creo que debe facer o paseíño máis que ninguén... nin panos cá agochen… do contrario... é unha falta de respecto cara tódolos españois... xa está ben!!! De tódolos xeitos o que interesa é que pague a Fanta, se tal cá leve o gallardo Don Aborto Gallardón en brazos!!

"Aquí se está privatizando la sanidad con un goteo sutil para que no lo vea gente" El País


Creo que non hai que darlle máis voltas a algo tan claro. Lea o que lea e oía o que oía sobre a sanidade, a conclusión é evidente, a xestión privada só ten un obxectivo: o negocio en mans dos amigos dos políticos do PP. Nada máis…!
Ou somos dos que comen o polbo ou churrasco gratis previo ás eleccións, e nada, seguimos votando o papeliño cada catro anos coas siglas PP na caixiña, que así nos vai, ou paramos a privatización ou esta xa será imparable, cachiño a cachiño, ninguén se decata, comezaron polas lavanderías, a electromedicina, a informática, esterilización... e cando nos decatemos do público non queda nada de nada, hai que paralos!!!!


Entrevista Rajoy

Novo acaparamento do meu televisor, da miña sala, da miña intimidade, nova invasión da miña vida privada, esta vez por un rexistrador da propiedade, un cansado funcionario gris e pasmado. Sen carisma nin imaxinación. Calquera presidente dunha comunidade de veciños ten máis graza.
Cómo deixamos que este monicreque chegara á Presidente? Por el mar corren las liebres... por el monte las sardinas... trailara! (bis) trailara!

O Sr. Rajoy, di agora da Infanta que está convencido da súa inocencia... díxoo de MATAS... BARCENAS... FABRA... CAMPS... DIAZ FERRAN... querida Cristina Federica Vitoria Antonia da Santísima Trinidade de Borbón e Grecia (ahhhh!), date por fodida! …e vai o agoireiro este e cháfanos a ilusión porque iso xa o sabiamos! E senón, preparámoslle un indultiño…

Como con Marianico pasa todo o contrario do que di, o resumo é: haberá consulta en Cataluña, cambiará ós ministros, aprobarase a reforma do aborto sen consenso, a Borbona é culpable, segue a falar con Bárcenas por Whatsapp e Facebook, o peor queda por vir, haberá máis parados, subirá o IRPF e seguirán os recortes…, aínda que ETA entregue as armas ninguén irá a recollelas, porque non interesa. Mire usté: "Prometer hasta meter y una vez haber metido, olvidar lo prometido"

Podo prometer e prometo que son un mentireiro que me gustan moito os sobres cheos de cromos de colores que me deixan na mesa do meu despacho.
Podo prometer e prometo, así mesmo, que entendo moito de "furbol", digo do Marca e do As. E non teño ni puta idea de nada máis, nin falta que me fai… Fin de la cita.

Denantes tiñamos un papón que era o Borbón, agora temos dous: o rei e Mariano Rajoy. Por có chaman entrevista cándo queren dicir teatriño?

- E maña que tempo fara?
- Din que ven outra borrasca polo Cantabrico…
- Borrasca e gaña!
- Sacto.



Familia típica post-Gallardón, o cabeza de familia vai en Holanda…


Unha avaría no H.C.V. obriga a trasladar 120 km a dúas mulleres de parto



 

Miremos ós pacientes de ser humano a ser humano e deixemos de caralladas. É só unha cuestión de prioridades e as do PP son incrementar o patrimonio de corporacións e poderosos por enriba de calquera outra. Iso, nada máis que iso. Quén nos devolverá, no futuro, a vida pública, os bens públicos, que nos están roubando?
Non se entende ben cómo lles votan a estes destrutores da idea do público...
Países avanzados están recuando, decataronse cá xestión privada no sae a conta. Con bos xestores o público é moito máis eficiente e económico có "privado".


Ningún comentario:

Publicar un comentario