luns, 31 de marzo de 2014

A privatización ilexítima do Servizo Galego de Saude

Por Pablo Vaamonde
O goberno de Feijóo aproveita a crise para tentar xustificar a diminución do gasto sanitario público, a base de recortes e copagamentos, mentres o gasto en privatizacións non fai máis que aumentar.
  • Orzamento do SERGAS 2010: 3.633M de euros (Gasto real: 3.866M).
  • Orzamento do SERGAS 2014: 3.326M de euros, 380M de euros menor (-10,5%) que o orzamento de 2010, e 540M de euros menor (-16%) que o gasto real no ano 2010. O orzamento en privatizacións para 2014 ascende a 1.624M de euros (50% do orzamento total) e (a pesar dos copagamentos) o gasto en farmacia e material sanitario ascende a 1.335M de euros. Outros 289 millóns vanse en concertos e empresas públicas de xestión privada. O orzamento en persoal para 2014 é de 1.466M (14% inferior a 2010) En conclusión: queda só o 5% para todo o demais (investimentos, funcionamento)
Feijóo pretende levar a cabo os investimentos comprometidos antes das próximas eleccións e non pode tirar indefinidamente dos salarios dos profesionais e dos petos dos cidadáns, así que cede a xestión do SERGAS a empresas privadas vinculadas (favorecendo aos seus pola porta de atrás, para non xerar alarma social) A poboación descoñece as consecuencias –sanitarias e económicas- destas decisións, e o incremento desbocado dos compromisos de gasto presentes e futuros do goberno galego. A sanidade galega queda hipotecada para varias décadas.

Tras rematar a privatización dos servizos non sanitarios (sen ter en conta a forte relación que existe entre eses labores e a calidade asistencial) o principal obxectivo do goberno de Feijóo, nesta segunda lexislatura, é a privatización da asistencia sanitaria, acudindo á chamada colaboración público privada, a “CPP”.
A CPP, segundo o Consello de Contas, permite realizar investimentos públicos sen que se vexa afectada a débeda pública, trasladando a orzamentos futuros un volume de cartos que pode ser ilimitado, sen control parlamentario, e polo tanto, moi exposto ao fraude. Para paliar este risco aprovouse un RD (BOE 24 de maio de 2010) que obriga á realización previa dun informe sobre as repercusións orzamentarias deste tipo de proxectos. Feijóo licitou o NHV o 10 de maio de 2010, cando xa coñecía a inminencia da publicación deste RD que o proxecto PFI do NHV nunca superaría. As últimas privatizacións teñen nomes rocambolescos: socio tecnolóxico, xestión de espacios…Seguramente para non ter que denominalas como CPP e así evitar o informe preceptivo que avale as privatizacións.
Privatización dos hospitais e dos servizos sanitarios
1. NHV: CAM e Bankia afundíronse e a obra do NHV non pode continuar por falta de liquidez; á UTE encargada da obra faltábanlle 250 millóns (80% do custe) O goberno de Feijóo consíguelle 140M de diñeiro público (30M do ICO e 110M do BEI) e 110M de novas entidades financeiras rescatadas ou moi beneficiadas cos cartos públicos: Caixabank e NGB, BBVA e o Santander. O NHV será financiado, de forma maioritaria, directa ou indirectamente, con diñeiro público, pero a Xunta seguirá pagando, durante 20 anos, 46,5 M/ano pola construcción (930M) e 26,5 M/ano pola xestión dos servicios non sanitarios que xa están externalizados, e que o SERGAS deberá pagar dobremente (530M).
Construír o hospital PFI de Vigo costa 310M de euros pero suporá un custe anual de 175 millóns de euros durante 20 anos, xa que ao canon don novo hospital hai que sumar o custe de Galaria e de POVISA, que se manteñen de forma innecesaria.
Con estes 3.500M de euros poderíase financiar o Novo Hospital público, tal como estaba proxectado e o seu funcionamento durante os 20 anos (107M euros/ano en 2014) ademais de asumir os servicios de referencia de Povisa e gran parte do seu persoal, tendo en conta o maior ratio de persoal/cama dos hospitais públicos. Malia dita asombrosa cifra, que multiplica por máis de dez o custe de construción, a poboación do Área Sur non dispoñerá dun hospital de referencia, o que dificulta moito a avaliación da asistencia e dos resultados en saúde, así como a articulación de programas comunitarios.
O goberno da Xunta está a realizar unha xestión irracional e absurda da sanidade pública, xa que por unha banda impón as chamadas “Áreas de Xestión Integrada” e pola outra fabrica “reinos de taifas” –coa imposición das Áreas de Xestión Clínica- o que está detrás da actual “subasta” de pacientes. Unha mostra desta irracionalidade e o “vía crucis” na asistencia sanitaria de moitos pacientes galegos, que teñen que acudir ata a 9 centros sanitarios diferentes para tratarse de patoloxías comúns.
2. Persistencia da xestión privada da asistencia sanitaria de Galaria S.A. que seguirá facturando millóns de euros de fondos públicos, a pesar de que, segundo o Consello de Contas de Galicia, a súa actividade está sobredimensionada e as súas contas son pouco claras, furtando ao NHV de servizos tan relevantes como a Hemodinamia e Cirurxía Cardíaca, a Radioterapia e Medicina Nuclear e a Resonancia Magnética.
3.  A Xunta e a súa consellería de Sanidade acaban de renovar o concerto co hospital POVISA (do Grupo Nosa Terra) por outra década, fronte ás recomendacións do valedor do pobo e do Consello de Contas. A cápita aprobada para o novo concerto con POVISA é de 540 euros, 108 euros menos que a media (Táboa I) pero non se inclúe nesta cifra (como se fai nos hospitais públicos) o diñeiro que POVISA recibe polos servizos nos que é referencia. Ademais POVISA non atende aos pacientes desprazados e carece de moitos servizos relevantes que ten que asumir o CHUVI, sen que represente ningunha merma no canon do hospital privado, como Cirurxía Torácica, Psiquiatría, Obstetricia, Tuberculose e outras patoloxías respiratorias, Coidados Paliativos e a Hospitalización a Domicilio dos pacientes do Morrazo.
Por outra parte, a lista de espera (LE) cirúrxica de POVISA e de 180 días, o dobre que a do CHUVI e 5 veces maior que a do CHOP. A renovación do concerto pódese cualificar de temeraria, xa que, segundo a nova Lei de Garantías, a máxima demora é de 45 días para unha consulta e 60 días para unha IQ, que POVISA non poderá cumprir de ningunha maneira.
Por outra banda, é difícil explicar a LE de POVISA tendo en conta a súa alta taxa de cirurxía, con 109 IQ/1000 habitantes (58% máis alta que a media do SERGAS) e da enorme afluencia ás súas consultas, 31% maior (sen Obstetricia nin Psiquiatría que suman de media un 15% do total das consultas dos hospitais) Cómpre lembrar que POVISA compatibiliza a atención dos pacientes do SERGAS coa atención a pacientes privados co mesmo persoal sanitario. A falta de transparencia do Grupo non permite coñecer os resultados desagregados das distintas memorias asistenciais e económicas. Non se pode, polo tanto, ter a certeza de que o diñeiro público se empregue só para financiar aos pacientes do Sergas.
TÁBOA I
HospitalÁreaOrzamentoAE 2014 (miles euros)Cápita (euros)
CHUVI438.181291.187665
POVISA139.00075.070540
CHOP+Salnés300.068183.530611
CHUAC557.000357.564642
CHUS460.000326.043708
H Marcide Ferrol193.000118.744615
CHOU331.849236.369712
HULA355.000247.311696
                                                  Cápita Media 648 euros
4. A ampliación do hospital do Salnés por 8M de euros adxudicada á multinacional francesa Cofely-Suez, socia de La Caixa/Adeslas (Hisusa Holding).
5. A Xunta licitou, por tres veces, ata que as condicións foron do agrado das empresas concesionarias, a ampliación e xestión privada do CHOU ata o ano 2029. A primeira fase (41 M/223) foi adxudicada a ACS/ Indra /La Caixa.
6. Centros de saúde móbiles de xestión privada para o rural para substituír aos fixos, pois afirma o goberno que temos demasiados en Galicia. Aínda non foron adxudicados pero xa hai 17 empresas privadas interesadas, segundo Feijóo, que confesa así a súa intención de privatizar a Atención Primaria.
7. Privatización da Alta Tecnoloxía (AT) por 88 millóns de euros coa figura chamada “socio tecnolóxico” de modo que as mesmas empresas que fabrican os equipos (General electric, Siemens e Philips) son as que deciden que equipos comprar e en que hospitais,
públicos ou privados, deben situarse (non a RT do HULA nin do NHV e si a dos centros privados, Centro Oncolóxico de Galicia –COG- e Galaria)
A privatización da AT supón unha grave perda para a Sanidade Pública e os seus profesionais e un grave prexuízo para os pacientes. Segundo moitas publicacións, a xestión mercantilista está detrás da utilización inadecuada e da radiación innecesaria. Un informe de aseguradoras alemanas constata que no ano 2011 operáronse 2 millóns de persoas máis que en 2005 e advirten que este feito está relacionado coa xestión dos centros sanitarios mediante a CPP, que operan en moitos casos só para obter maiores ingresos.
Ademáis de provocar iatroxenia tamén aumenta o gasto. Segundo o Consello de Contas, Galaria fai o dobre de RM que o CHUAC para un Área similar, e moitas son repeticións no mesmo paciente e segundo un estudio da FADSP con datos do MSPSI, as CCAA con máis de 60% de RM de xestión privada teñen unha taxa 75% superior de exploracións que a media das restantes CCAA. En Galicia o 70% dos equipos de RM e o 62% dos equipos de RT son de xestión privada. A nosa taxa de RM supera nun 50% a media estatal (táboa II)
TÁBOA II
Estudios RM/1000 habitantes
España
43
Galicia
65
Increm. taxa Galicia
+51%
É inexplicable que o goberno galego deixe a xestión da alta tecnoloxía en mans das empresas fabricantes, que mostran nos pregos a súa interese por instalar en Galicia tecnoloxías moi avanzadas “que permitirán diagnosticar lesións case invisibles ao ollo humano” como o TAC de 128 cortes e os Mamógrafos con Tomosíntese, que non só emiten máis radiación ionizante senón que poden prexudicar gravemente a saúde. Unha revisión publicada polo Centro Nórdico Cochrane en xuño de 2012 conclúe que por cada muller diagnosticada precozmente de cancro de mama en 2000 mamografías realizadas, outras 10 mulleres serán diagnosticadas e tratadas con cirurxía e/o RT e QT por un cancro de mama inexistente.
A inversión de 88M en AT e de todo punto esaxerada. En primeiro lugar porque non hai que incrementar a dotación, que xa é elevada (táboa III) senón substituír os equipos vellos ou simplemente cambiar o software, unha solución moi axeitada, máis sustentable e tres veces máis barata. Ademais os equipos actualizados ou novos requiren moito menos tempo por paciente, incrementando moito a eficiencia da sala. Publicacións recentes apostan porcontrolar a utilización das tecnoloxías e comezan a rebaixar o número de sesións de RT para o cancro, no convencemento de que en medicina moitas veces “menos é máis”. Xa consideran suficientes 3 semanas en vez de 5 semanas para RT de cancro de mama, o que reduce un 40% a utilización dos equipos para esta patoloxía frecuente. Por outra parte os equipos públicos non están utilizados ao 100% (para deixar espazo no mercado á xestión privada).
TÁBOA III
Datos 2009 MSPSIEquipos RMEquipos TAC
España8,8/millón hab14,6/millón hab
Galicia11,7/millón hab (33 equipos)17,5/millón hab
SERGAS+Galaria15 equipos RM (10+5)33 equipos TAC
Privado18 equipos RM16 equipos TAC








8. Os  servizos de Protección Radiolóxica seguen en mans de Galaria e General Electric a pesar de que os seus equipos de TAC e de mamografía foron denunciados polos radiólogos estadounidenses debido á radiación excesiva.
9. Privatización da hemodiálise. 25,5 millóns de gasto para o SERGAS pola derivación de pacientes a centros privados, a pesar de dispoñer de 14 centros hospitalarios públicos de Galicia. Só o “superdotado” Hospital Xeral de Galicia (CHUS) gasta 10M de euros en concertos para hemodiálise con pequenos centros privados vinculados.
10. O SERGAS tamén privatiza a esterilización da súa instrumental (que actualmente ocupa a 167 profesionais públicos) durante 12 anos por 160 millóns de euros. En xaneiro publicou no DOUE (Diario Oficial da Unión Europea) o anuncio dun concurso para privatizar esta actividade en todos os hospitais de Galicia. A xestión mercantilista deste servizo esencial pode supoñer graves riscos para a saúde.
11. Os Institutos Biomédicos de investigación do SERGAS, principalmente financiados polo SERGAS (7,6M de euros para 2014) están participados pola Industria Farmacéutica(IF) O Instituto Biomédico de Vigo está coxestionado pola multinacional farmacéutica Janssen (Johnson & Johnson) e o Instituto Biomédico de Santiago participa do Campus Vida, mediante un convenio entre a Universidade, o SERGAS, a Banca e a Industria Sanitaria privada que, a cambio de pequenas colaboracións, controla a investigación e a docencia en materia de saúde, dificultando calquera investigación non acorde os seus intereses.
12. O Centro Oncolóxico de Galicia (COG) de xestión privada, está presidido polo empresario vinculado á multinacional francesa do aluminio Pechiney durante 50 anos. Con todo, accede ao rexistro de cancro da poboación, ademais de xestionar ensaios clínicos co obxectivo de probar novos medicamentos para o cancro en pacientes galegos. Este tipo de ensaios tamén se levan a cabo no Hospital San Rafael de A Coruña, vinculado á IF.
13. O golpe definitivo ao I+D+i do Servizo Galego de Saúde é a nova Lei de Racionalización do sector público, que permitirá non só legalizar o patrocinio privado de todos os Servizos do SERGAS, incluíndo os máis sensibles, senón que pretende que sexa a fonte principal de financiamento das actividades e instalacións de dous novos organismos estratéxicos: “A Axencia de Docencia, Formación, Investigación, Innovación e Avaliación de Tecnoloxías e Servizos Sanitarios” e a “Axencia Galega de Sangue e Tecidos” furtando definitivamente aos profesionais do SERGAS a docencia e a avaliación das tecnoloxías. Desta forma tamén influirán nas Guías de Práctica Clínica e na información sobre fármacos e tecnoloxías, é dicir, sobre a “evidencia científica”, ademais de ceder servizos tan sensibles como as doazóns de sangue, coordinación de transplantes de órganos e o almacenaxe de células, tecidos e mostras biolóxicas.
14. Para rematar o desmantelamento do SERGAS Feijóo e Mosquera están organizando aprivatización da xestión dos procesos asistenciais e dos profesionais. Para iso, a Xunta pretende converter (coa imposición das Áreas de Xestión Clínica)  os Centros de Saúde e os servizos clínicos hospitalarios en empresas con autonomía de xestión, que poderán competir entre si, e aos que a Consellería asignará un orzamento pechado anual que deberán xestionar os propios profesionais, que poderán beneficiarse dos aforros obtidos en persoal, material ou actividade asistencial. Os servizos poderán adquirir personalidade xurídica propia, abrindo o camiño á súa xestión privada e á laboralización dos empregados públicos; para ese proceso xa existe respaldo legal, pola modificación do Estatuto Marco realizada pola ministra Mato.


E máis privatizacións
15. O Servizo de ambulancias, adxudicado por 236M de euros por un período de 4 anos á UTE “Ambulevante” a mesma UTE Levantina á que adxudica Fabra o transporte de ambulancias na Comunidade Valenciana, denunciada pola súa vinculación ao PP.
16. A oxixenoterapia segue xestionada por Oximesa (Praxair) a cambio de 10M de euros/ano, a pesar de defraudar a Facenda 146M de euros, segundo recoñece a propia empresa.
17. A Historia Clínica Electrónica (IANUS) e Receita Electrónica, adxudicáronllas aIndra (empresa pública privatizada por Aznar e Rato). A decisión da Xunta de estender a HC electrónica a todos os centros sanitarios privados, vinculados a aseguradoras, supón adesprotección de datos moi sensibles da poboación.
18. As telecomunicacións do SERGAS: Adxudicadas por 3 anos e 28M de euros aTelefónica, a empresa que recentemente ficha a altos dirixentes do PP e a Rato (200.000 euros) malia a súa imputación no caso Bankia. Actualmente está gobernada por Bankia, La Caixa e BBVA.
19. A a teleasistencia nos fogares para “R” Comunicacións, empresa galega vendida por NGB a CVC-Capio, fondo de investimento imputado no fiasco da privatización da sanidade madrileña.
20. A empresa que custodiaba as Historias Clínicas do CHOP cando se queimaron, “Severiano Servizo Móbil” foi contratada para a loxística e suministro de material sanitario, que antes se realizaba con 200 traballadores propios que tiveron que recolocar, mentres a empresa privada contrata a dedo a outros 156 traballadores, que o SERGAS tamén costeará a través do canon acordado de 88 millóns de euros.
21. Ibérica de Mantemento SA: Empresa zaragozana contratada para realizar o mantemento de equipos sanitarios, que se realizaba con persoal propio, coa conseguinteperda de postos de traballo no SERGAS.
22. Privatización dos servizos non sanitarios que xestionaba Galaria como: os plans de eficiencia enerxética (o do CHUS adxudicado a CLECE e Gas natural por 50M de euros para 8 anos) e a Cita Previa “saúde en Liña” cedida por Feijóo ao fondo de investimento Netaccede e NGB.
23. Residencias para maiores Geriatros, vendidas por NGB ao fondo de investimentoMagnum e a o Grupo Eulen, que ten como apoderada á irmá de Feijóo.
24. Limpeza e enerxía: Grupo Norte, vinculado á inmobiliaria en quebra Martinsa-Fadesa(cunha débeda enorme, que foi unha das causas principais do crack de NGB) Ferrovial (que está imputada no caso Palau e recentemente condenada pola ínfima calidade das súas construcións) e Clece/ACS de Florentino Pérez, vinculada a Indra, nomeada nos papeis de Bárcenas.
25- Catering: Empresa Mediterranea-Arturo, do fondo de investimento Portobello (do Santander, BBVA, CAM e Bankia) e de Arturo Fernández, vicepresidente da CEOE, imputado no caso Bankia e acusado de defraudar a Facenda e pagar aos seus traballadores con diñeiro negro. 
Os conflitos de interese
*Núñez Feijóo e o máximo responsable do desmantelamento do SERGAS e da selección de empresas insolventes e incumpridoras, como a UTE do NHV, ademais de ceder a xestión de servizos públicos a unha empresa coa que ten vínculos familiares de primeiro grao.
*Rocio Mosquera, Conselleira de Sanidade, blinda o concerto singular de POVISA por outra década. Foi, durante moitos anos, directiva do Grupo Nosa Terra antes de chegar á Xunta. A súa filla traballa en PWC, empresa multinacional de consultaría que asesora (mediante un informe desaparecido, que costou a Xunta 220.000 euros) a elección da UTE insolvente do NHV. O seu marido foi elixido xefe de servizo de Cirurxía do CHUS sendo Mosquera a Xerente do SERGAS; él quedou recentemente sen xefatura por “desviación de poder” segundo unha sentencia do TSXG.
*A empresa seleccionada pola Xunta para asesorar a implantación da xestión clínica en Galicia é EFQM, axencia europea que preside en España responsable de PWC (IBM) a empresa que almacena o maior número de datos sanitarios e non sanitarios a nivel mundial.
*Agustín Hernández, conselleiro de Infraestructuras é asiduo das portas xiratorias, pasando da empresa constructora do NHV a postos de responsabilidade en obras públicas en múltiples ocasións.
*José Manuel Romay Beccaría, exconselleiro de sanidade é actual presidente do Consello de Estado, cargo que compatibiliza coa pertenza ao consello de Administración da Fundación renal Alvarez de Toledo (FRIAT) segundo a súa páxina web; esta empresa está moi vinculada ao PP é ten concertos para realizar hemodiálise co SERGAS.
*Enrique Castellón: ex director xeral do SERGAS co PP é actualmente vicepresidente daFRIAT.
*A farmacéutica galega Zeltia está vinculada ao PP (Ana Palacio e a irmán de Dolores Cospedal son directivas de Zeltia). Zeltia comercializa o Yondelis en Europa e está asociada a CF Johnson & Johnson (Janssen en España) que comercializa o Yondelis en EEUU (desconsellado para o cancro de ovario pola FDA por 14 votos contra 1).
*Janssen coxestiona os institutos biomédicos, onde recaba información e inflúe sobre as prioridades da investigación.
*CVC-Capio, fondo de capital risco vinculado ao PP e imputado no fiasco da privatización madrileña. NGB vende a Capio a empresa galega de telecomunicacións “R” beneficiada coa privatización do SERGAS.
*Galaria SA: empresa pública de xestión privada e opaca, presidida por unha exdirectiva de Deloitte e NGB, é utilizada como paso intermedio para ceder os servicios sanitarios ás empresas privadas vinculadas, como “Saúde en Liña”, Xestión Enerxética, Control de Calidade e Alta Tecnoloxía.
*O presidente do organismo público de crédito ICO, que aprobou o préstamo de 30M de euros para que Acciona, con problemas de solvencia, puidese seguir participando no financiamento “privado” do NHV, provén do BBVA, banco que tamén participa na “nova” UTE adxudicataria de dito hospital.
*Rodrigo Rato: ex ministro en distintos gobernos do PP. Privatizou a empresa Indra, da sociedade estatal SEPI, cando era ministro de Aznar. Posteriormente Rato (Bankia) pasa a ser o seu principal accionista. Tralo crack de Bankia, Indra tamén é saneada con diñeiro público, pero segue en posesión da xestión privada, millonaria, da Historia Clínica Electrónica e da Receita electrónica no SERGAS e controla os datos sanitarios dos galegos.
*As Caixas de Aforros, rescatadas con más de 50.000M de euros de diñeiro público. NGB, La Caixa, a CAM e Bankia (Ribera Salud) son as principais beneficiarias da privatización galega. Coxestionan o NHV, o Grupo Nosa Terra, as ampliacións dos hospitais CHOU e Salnés, Saúde en Liña, Cátering, Telecomunicacións e Geriatros.
*O Consello de Administración do Fondo de Investimento Aforro 2000, onde están incluídas as empresas do Grupo Nosa Terra (POVISA) está formado por representantes de NGB, La Caixa, a CAM e Bankia, é dicir as entidades financeiras que forman a UTE do NHV son á súa vez copropietarias do Grupo Nosa Terra, e poderán xestionar o reparto da sanidade pública viguesa como mellor lles conveña, coa colaboración de “Saúde en Liña” e da concesionaria das ambulancias “Ambulevante”.
As consultoras como colaboradoras necesarias
En Galicia, malia que poucos as coñecen e ninguén as votou, estas consultoras están detrás do crack bancario e do seu rescate financiado con recortes e privatizacións. Da consultora PWCprovén o ministro de economía Luís de Guindos, o presidente do FROB, e o secretario de Estado do Ministerio de Facenda (responsable da amnistía fiscal) PWC publica tódolos anos un informe sobre “os dez temas candentes da sanidade española” coas recomendacións privatizadoras que Feijóo e Rajoy cumpren ao cento por cento. PWC tamén seleccionou a UTE insolvente do NHV. PWC (EFQM) asesora a implantación da xestión clínica en Galicia. Tamén asesora e otorga as acreditacións de calidade nos hospitais do SERGAS e nas Universidades Públicas.
Deloitte e PWC asesoraron a fraudulenta fusión das Caixas galegas para formar NGB, que supuxo a perda de 9.000 millóns de euros públicos e a cesión dos servizos públicos que xestionaban a empresas privadas vinculadas. Deloitte non veu ningún problema en Caja Madrid, na saída a bolsa de Bankia nin nas contas de Bancaja nin do Banco de Valencia, ocultando buracos multimillonarios. Deloitte asesora a creación de Criteria, o banco da Caixa que é copropietario de Adeslas. O presidente de Netaccede (Cita Previa) é o exdirectivo de Deloitte Marcelino Otero, ata fai pouco presidente do Club Financeiro de Vigo (tamén auditado por Deloitte) co amparo de Silveira, presidente de POVISA. A empresa auditora de Geriatros é Deloitte e Galaria está presidida por unha directiva que provén de Deloitte. As contas de POVISA ata o ano 2011 eran auditadas por Deloitte e actualmente por BDO, a mesma consultora imputada polo xuíz por falsear as contas de Pescanova, polo que non é descartable que a Xunta ceda a atención hospitalaria de parte da poboación do área de Vigo a unha empresa insolvente ou cun futuro pouco claro, para ser de novo rescatada con fondos públicos tras blindar a súa posición estratéxica no futuro sanitario vigués, como xa pasou coas Caixas de Aforro galegas.
A privatización do SERGAS é antidemocrática, xa que foi decidida unilateralmente polo goberno de Feijóo en contra das recomendacións dos organismos de control e da poboación, e ademáis está plagada de conflitos de interese. As empresas favorecidas son caixas de aforro rescatadas con diñeiro público, fondos de investimento, constructoras insolventes e grandes empresas sanitarias, tecnolóxicas e de comunicacións vinculadas ao PP, e nas que moitos dos seus directivos están imputados pola xustiza.
A oposición política, as organizacións comunitarias, sindicais e profesionais, os medios de comunicación e a poboación de Galicia saberán conseguir no Parlamento, na rúa e nos Tribunais de Xustiza, a paralización deste desmantelamento ilexítimo e probablemente ilegal do noso Servizo Galego de Saúde.

 (Este artigo pubícase de xeito simultáneo nos medios de comunicación integrantes da Asociación de Medios en Galego, que agradecen a colaboración desinteresada do autor, Pablo Vaamonde)

Homenaxe ao doutor Gonzalo Gurriarán








Pablo Vaamonde
O doutor Gonzalo Gurriarán (1904-1975) recibirá unha homenaxe o día 22 de marzo en Valdeorras, nun acto organizado pola Irmandade da Sanidade Galega (ISAGA) e o Concello do Barco. Será nomeado irmandiño de honra nun acto solemne, que pretende recuperar a figura do doutor Gurriarán polo seu compromiso con esta terra e as súas xentes.  Na súa biografía hai moitos momentos que cómpre salientar, mais ten especial relevancia a súa colaboración coa guerrilla antifranquista na inmediata postguerra.
Na súa biografía hai moitos momentos que cómpre salientar, mais ten especial relevancia a súa colaboración coa guerrilla antifranquista na inmediata postguerra
No tempo do terror foi quen de superar o seu propio medo, no tempo da represión soubo estar á beira dos fuxidos, naquel tempo de persecución e violencia tivo a valentía de poñer a súa profesión ao servizo da resistencia. Atendeu moitos maquis e, por medio de enlaces, forneceu de medicamentos aos membros da guerrilla antifranquista. Esta era unha actividade de alto risco. Entre o Barco e Ponferrada, no ano 1945, producíronse máis de 2.000 detencións. Recorda David Simón nun artigo que “as partidas da guerrilla mantiveron importantes períodos de actividade ata 1950-52 en moitos lugares de Galicia. Unha importante zona de actividade foi a raia con Portugal e o oriente da provincia de Ourense, nos territorios montañosos e especialmente no macizo de Trevinca. Foi unha loita duradeira: uns dez anos de resistencia organizada”. Nesa zona os membros da resistencia tiveron o apoio e a atención sanitaria ofrecida polo doutor Gurriarán.

Magaz, Gonzalo Gurriarán, Ricardo de Orueta, titor da residencia de estudantes, e Grande Cobián. 1928

Atendeu moitos maquis e, por medio de enlaces, forneceu de medicamentos aos membros da guerrilla antifranquista. Esta era unha actividade de alto risco
O seu fillo Ricardo, historiador, nunca escoitou estas historias na casa familiar. Soubo das actividades de seu pai cando xa morrera, repasando as cinco mil cartas que gardaba, entre elas as de Otero Pedrayo, o seu mentor galeguista. Dedicoulle tempo á tarefa e publicou un libro no que recolle a biografía do doutor Gurriarán quen, nos seus primeiros anos, semellaba destinado a unha vida diferente da que tivo. Fixo a carreira de Medicina, de forma brillante, en Salamanca, foi alumno da Residencia de Estudiantes de Madrid e ampliou estudos en Estrasburgo, onde se iniciou na investigación biomédica.
O seu fillo Ricardo, historiador, nunca escoitou estas historias na casa familiar. Soubo das actividades de seu pai cando xa morrera, repasando as cinco mil cartas que gardaba, entre elas as de Otero Pedrayo, o seu mentor galeguista
Mais a Guerra Civil truncouno todo. Non tiña unha especial actividade política, aínda que nas terras de Valdeorras era alcumado Negrín, polo vínculo persoal que tiña con quen fora profesor seu e que logo chegou a presidente da República. Cando comezou a guerra el estaba no Barco. Despois de estar agochado durante un tempo, en febreiro de 1937 foi incorporado como cirurxián en diversos hospitais de campaña da fronte de Madrid.  Cando rematou a contenda non tiveron en conta os servizos prestados: abríronlle un expediente de depuración, impedíronlle continuar co seu traballo de investigador e non puido exercer a profesión na sanidade pública ata 1948, cando obtivo unha praza de médico de cabeceira en Sobradelo de Valdeorras. Mais daquela xa levaba anos exercendo a medicina privada e colaborando co maquis.
Naquel ambiente asfixiante, cos falanxistas e a garda civil vixiando os seus pasos, a finais dos anos 40 organizou o “Club de Montaña Pena Trevinca” (que protexía as súas frecuentes visitas á montaña) e dirixiu a primeira e única selección galega de esquí, que debutou na serra do Guadarrama cun xersei que levaba bordado o nome de Galicia. Son retallos dunha historia persoal que exemplifica a de moitos resistentes no tempo do franquismo. O doutor Gurriarán gardou silencio. Había cousas que non se podían nomear. Nin ao propio fillo. Hai silencios cargados de emocións.  Pero é xa tempo de desenterrar as palabras –como reclama Clara Valverde nun fermoso libro-. É preciso saber que lle pasou aos nosos pais e aos avós, para poder contárllelo aos nosos fillos.
Naquel ambiente asfixiante, cos falanxistas e a garda civil vixiando os seus pasos, a finais dos anos 40 organizou o “Club de Montaña Pena Trevinca” (que protexía as súas frecuentes visitas á montaña)
Hai que rachar o pacto de silencio arredor do medo.  O Estado non fixo os deberes elementais da democracia –verdade, xustiza, reparación-, e temos unha sociedade enferma, con dó permanente individual e colectivo. En España, afirma Clara Valverde,  75 anos despois da Guerra Civil, 40 anos despois da morte de Franco e décadas despois da Transición, a transmisión xeracional de traumas sociais e políticos aínda non se abordou. Hai que recuperar a palabra, reconstruír o relato da nosa historia familiar e colectiva, temos que saber de onde vimos para poder entender como somos.
O doutor Gonzalo Gurriarán foi un heroe. Cómpre recuperar o seu nome e o seu exemplo do esquecemento. Temos que saber que, nos tempos da infamia, houbo moitos coma el, que arriscaban a vida por axudar as vítimas.

sábado, 29 de marzo de 2014

Los pobres de Montoro

Aníbal Malvar
Acaba de hacer Cáritas un informe sobre la pobreza en España que no se ajusta a la realidad. Lo ha denunciado el ministro de Hacienda, Cristóbal Montoro, en la rueda de prensa posterior al consejo de ministros de ayer. Resulta que Cáritas quiere “provocar debates” en ese sentido, asegura el ministro, con lo que esta organización humanitaria católica parece haber demostrado su clara filiación con los violentos. Como todo el mundo sabe, los violentos son esos señores perseguibles y encarcelables que se empeñan en no ver ni decir que España está en la senda del crecimiento, que hay brotes verdes inundando toda la primavera económica, y que Montoro tiene un parecido conPaul Newman que echa p´atrás.
Los violentos de Cáritas quieren hacernos creer que España es el segundo país de Europa con más pobreza infantil, solo por detrás de Rumanía, y hasta han elaborado un informe para propalar por el mundo tal falacia. Y su secretario general, ese Otegi católico llamado Jorge Nuño, se ha atrevido a afirmar que con la mitad de la pasta que va a destinar el Gobierno a rescatar las autopistas podríamos acabar con la pobreza en España.
Montoro ha dejado claro que esos datos de Cáritas están basados en “mediciones estadísticas” que “no se corresponden con la realidad”. Como todo el mundo sabe, la estadística es esa ciencia exacta que solo se corresponde con la realidad cuando lo dice Montoro. Los 700.000 hogares españoles que no ingresan un duro, por ejemplo, son una manipulación de Jorge Nuño, y a cuatro de cada cinco millones de españoles en situación de exclusión social severa los encuentras desde primera hora de la mañana en los bares bebiendo anís del mono y riéndose del Gobierno, lo que indica que son poco fiables para participar en estadística alguna.
Los pobres españoles estamos muy empeñados en reventar las mediciones estadísticas. Baste un ejemplo. Si uno hace una estadística con Luis Bárcenas y 49 pobres, resulta que cada español tiene en Suiza un millón de euros en dinero negro. Que es la verdad española que Montoro propone difundir a través de Cáritas y del INE. Cáritas, organización católica, tampoco ha entendido el concepto de gobernar como dios manda. O sea, de milagro. Con sobresueldos diferidos y tal. Y los niños españoles en situación de exclusión están jodidos porque no han sido lo suficientemente espabilados como para robar la hucha del Domund. Que es laGürtel infantil.
Montoro ha puesto a los violentos de Cáritas en su sitio. Pena que la ley de partidos no contemple subyugar a organizaciones humanitarias católicas. Eso de meter a los pobres y a los niños en las estadísticas debería ser contemplado como delito de lesa humanidad. Sin embargo, Montoro se ha encontrado con un insuperable escollo a la hora de enfrentarse a Cáritas. El ministro de Interior, Jorge Fernández Díaz, adscrito fervorosamente al Opus Dei, se niega a enviar a las Unidades de Intervención Policial a que le extirpen un testículo a Jorge Nuño con un pelotazo de goma. En esto se da uno cuenta del error que cometió España al declararse constitucionalmente estado aconfesional.
El testículo y las estadísticas de Nuño atentan fehacientemente contra la marca España. La imagen que Cáritas está proyectando de nuestro país en el exterior no ayuda en absoluto a lograr que Mariano Rajoy ponga los pies encima de la mesa del despacho de Obama, que es el sueño que todos los españoles de bien, ricos y pobres, anhelamos. Dejémonos ya de demagogia y reconozcamos que los pobres españoles no son ni siquiera católicos. Y empecemos a exigirle a Cáritas un poco de patriotismo. Ayer tuiteó un tal Luis Hernández una frase que demuestra el daño que pueden hacer las estadísticas de Cáritas al pensamiento del español honrado: “Si a alguien le indigna más ver un contenedor ardiendo que una persona comiendo de él, tiene que revisar sus valores”. Este tipo de ideas es lo que Cáritas está alimentando con sus estadísticas falaces. Cuando el sueño erótico de todos nosotros es el de rescatar las autopistas con 4.000 millones y enterrar a nuestros cinco millones de pobres en sus cunetas. Que es que son muy pesados y dan mal ambiente en los bares.

venres, 28 de marzo de 2014

387’64 euros

David Torres
Estos días circulan por la red dos noticias antagónicas y tristemente simétricas. Una niña de diez meses se recupera de un transplante multiorgánico; un niño de trece años ha muerto porque su madre no podía pagar sus cuidados cuando el gobierno de Castilla-La Mancha decidió suprimir la ayuda a los dependientes. La vida contra la muerte. Un éxito de la medicina se contrarresta con un fracaso de la política, aunque creo que la palabra “fracaso” se queda muy corta para expresar la catástrofe que ha supuesto la gestión sanitaria de María Dolores de Cospedal. El empeño en inventariar la Sanidad, en rentabilizar los hospitales, ha convertido la salvación de vidas humanas en un negocio inmundo. Capio acaba de empatar con La Paz: un niño vivo-un niño muerto.
Muchas gracias por el ahorro, Cospedal. 387’64 euros es lo que costaba mantener vivo a Jomian Leonel, lo que recibía en concepto de ayuda a la dependencia esta criatura aquejada de escoliosis severa y parálisis cerebral, que no controlaba sus esfínteres, que requería transfusiones constantes, alimentación mediante botón gástrico y vigilancia las 24 horas al día. Suena muy crudo decirlo pero así son las cosas: somos nosotros, al dejar que nos representen estos mercaderes de la sangre, quienes hemos preferido que esos 387’64 euros se gasten en otras cosas, en adoquines para una carretera, en la gasolina del coche público de un concejal, en arreglar los desperfectos del techo de una iglesia, en porras para antidisturbios, en una cena de Cospedal con sus asesores.
Habrá que repetirlo otra vez porque parece que hay gente que todavía no se ha enterado: la salud es un pésimo negocio. Pero cada día arrebatado a la muerte es un triunfo de la vida y Luna, esa niña condenada de antemano, se salió del guión previsto por la naturaleza gracias a la luz de la ciencia, al genio de los cirujanos y a la generosidad de unos padres que decidieron donar los órganos de un bebé anónimo. No sabemos cuánto va a vivir Luna pero, como decía el hermoso final falso de Blade Runner, ¿quién lo sabe? Cada euro de dinero público gastado en mantener un minuto más la vida de Luna me parece infinitamente precioso y necesario. A lo mejor me equivoco pero creo que la existencia de Jomian Leonel era algo más importante que esa gilipollez de cambiar el nombre del aeropuerto de Barajas.
En materia hospitalaria, un éxito médico es un fracaso económico y viceversa. Cuanto más dura un enfermo, más caro sale. Cuanto antes se muere, menos gastos. Lo pinten como lo pinten, éstas son las cuentas de Capio. Y son números rojos, sí, de nuestra propia sangre. Con la salud no se puede jugar al monopoly como pretenden estos insensatos que hemos colocado al frente del gobierno, porque un hospital en marcha va contra todas las leyes de mercado: es un derroche continuo de dinero, una inversión de material, trabajo, talento, pruebas analíticas, energía y aparatos para librar una lucha perdida de antemano. Porque todos vamos a morir, es cierto, pero de momento nuestro sabio gobierno ha decidido ya quién vive y quién muere. Y lo ha decidido al peso, con una moneda. A Jomian le ha tocado cruz, a Luna cara.


Víctimas de un enorme engaño

Lidia Falcón

No sorprende la elevación a los altares de Adolfo Suárez en el momento de su muerte por parte de políticos, periodistas y creadores de opinión. Ni siquiera esos honores de ética y estética franquista, con los mismos curas, obispos y militares que exhibía la televisión única de los años sesenta, organizados por el Gobierno actual y coreados por todos los partidos. No sorprende tampoco el coro mediático oficial entonando el canto gregoriano con entusiasmo inigualable ante ningún otro héroe. No sorprende, aunque apena, el papanatismo de los badulaques que han soportado horas de cola en el velatorio, que han seguido llorando el furgón mortuorio y que repiten en las entrevistas que fue el mejor presidente de España (sic); al fin y al cabo eso es lo que les han enseñado en la escuela y en la televisión desde hace treinta y ocho años y son por tanto víctimas de un enorme engaño.
Me sorprende más que no haya un repaso serio y exhaustivo, por la mayor parte de la izquierda, de quién fue Adolfo Suárez y qué es lo que hizo realmente. El análisis del papel que cumplió Suárez requiere de un detallado y objetivo estudio de lo que se pretendía para nuestro país desde los grandes poderes que gobernaban, y gobiernan, el planeta: el económico repartido entre la producción industrial, agrícola y financiera; el militar con el lobby armamentístico, uno de los más importantes del mundo, y la industria mediática y cultural, imprescindible para que las víctimas de la conspiración la aceptasen, gozosamente, como han hecho estos días. No puede limitarse la crítica a repasar superficialmente las etapas de las reformas con que se construyó la superestructura legal y política que diese apariencia de legalidad y democracia al mantenimiento del imperio capitalista.
Lo cierto es que Adolfo Suárez no fue más que el encargado de llevar a cabo el proyecto capitalista que la Comunidad Económica Europea tenía previsto para España, desde hacía más de una década. En los años ochenta, en un programa de televisión en la cadena estatal, Carmen García Bloise, miembro de la ejecutiva del PSOE, persona de confianza de Alfonso Guerra, y bien informada, explicó que el sistema que se había montado para España estaba diseñado desde los años sesenta por el Mercado Común y la OTAN. Que ella lo sabía muy bien porque, como hija de exilados socialistas en Bélgica, había asistido desde muy joven a las reuniones que sostenían sus padres y compañeros de ideología con los dirigentes de las grandes instituciones europeas, con los responsables estadounidenses de la Alianza Atlántica, de la CIA, los británicos del Intelligence Service, y sobre todo los hermanos alemanes del SPD, que no contemplaban otro cuadro político para nuestro país que el que resultó implantado con la Constitución de 1978.
Para llevar a cabo dicho plan –y no creo que hoy pueda dudarse de que se cumplió a la perfección– desde que se esperaba la muerte del dictador, se organizó la Transición, bajo las condiciones que le impusieron al rey. Resulta absolutamente ridículo afirmar, como hacen algunos medios, que el rey es el artífice de la democracia actual y que para llegar a tal fin le encargó a Suárez la aparentemente difícil tarea de desmontar la dictadura.
Porque no es bueno olvidar que el franquismo, como tal, en las sucesivas elecciones que se celebraron en la Transición no alcanzó más que el 4% de los votos; entendiendo como tal las organizaciones de Fuerza Nueva, Guerrilleros de Cristo Rey, etc., mientras la derecha que comenzaba a disimular su pasado fascista, como Alianza Popular o Coalición Democrática obtenían el 10%. Contra todo lo esperado, lo propuesto y lo planificado, por Franco y sus huestes, España y sus 40 millones de españoles no se habían convertido masivamente al fascismo. Mientras, la UCD obtenía 6 millones de votantes, el PSOE, 5 y el PCE, uno y medio, lo que significaba que el país se escoraba a la izquierda. Y ése, y no otro, era el peligro que tanto temían los poderes fácticos.
torcuato1-detalleNi el rey tenía, ni tiene, más plan que el que el Departamento de Estado de EEUU decida; ni sabía, ni sabe, lo que es la democracia. Una vez los representantes de la UE y de EEUU se reunieron con el asesor del rey, Torcuato Fernández de Miranda, y le encargaron que encontrara a un funcionario de ninguna relevancia ni ideas propias, que saliera de las filas del franquismo para no alarmar a la caverna, para que llevara a cabo las reformas legales que hacían falta a fin de situarnos –malamente– a la altura de las democracias europeas; a aquel siniestro personaje (repasen las fotos que tenemos de él) se le ocurrió sacar del pasillo donde dormitaba como edecán de Herrero Tejedor al joven, atractivo, atildado y relamido, como galán de las películas de Cifesa, Adolfo Suárez.
Y fue un acierto, sin duda. Porque Suárez al principio no sólo fue cumpliendo todos los pasos que sus jefes le dictaban: lo primero, la Ley de la Reforma Política y las elecciones que había que organizar, sino que se lo creyó. Hubo más discusión entre las potencias importantes económicas sobre la legalización del PCE, teniendo en cuenta que en Alemania estaba prohibido y que al Departamento de Estado de EEUU le entra urticaria cuando oye la palabra comunista, pero Santiago Carrillo se lo puso fácil: el pueblo español gozosamente aceptaba la restauración de la monarquía borbónica que con tanto deshonor había expulsado del país en el año 1931. Y con él a toda su camarilla: capital, banca, hombres de negocios como De la Rosa, latifundistas del sur y del oeste que constituyen su corte; comprendía claramente el papel imprescindible que cumplía el Ejército franquista y seguía financiando y adorando a su Iglesia católica.
Inmediatamente era preciso doblegar la columna vertebral del movimiento obrero y hacerle firmar los Pactos de la Moncloa, por los que el capital imponía sus condiciones. Se acabaron las multitudinarias manifestaciones –recordemos la de la SEAT en Barcelona–, las huelgas interminables –recordemos la de Roca en Barcelona–, y las asambleas obreras, y el proletariado se convirtió en servidor sumiso de la patronal. Así el país se asentó como un buen socio de los centros de poder económico internacionales. Cierto que para conseguir tan buen resultado Comisiones Obreras y el PCE colaboraron sumisa y eficazmente, pero tanto unos como otros habían sido advertidos con severidad: o esto o el caos, sucedáneo de la Guerra Civil y de la implantación de una nueva dictadura. Y tal amenaza no debe ser secreto para nadie ya que Carrillo lo ha confesado y ratificado numerosas veces.
Leopoldo-Calvo-Sotelo-y-Felipe-GonzalezLos Pactos llevaron a la rebaja de salarios, al aumento de la explotación de los trabajadores y a la desmovilización de los sindicatos. Pero fueron definitivos para asegurar la tranquilidad laboral que necesitaba el capital. Y todo iba a avanzando como se debía, hasta que Suárez, ensoberbecido y poco lúcido, cada día más convencido de su propio mérito, se creyó que solo él tomaba las decisiones, que era providencial su papel en la transformación española, que realmente había inventado el sistema y la democracia, y llegó el momento de echarlo. Para nadie es un secreto que el rey lo detestaba, que sus antes aliados conspiraban continuamente contra él y que la decisión de dimitir la tomó cuando todos, especialmente el Departamento de Estado de EEUU, le empujaron de malos modos hacia la puerta; como él mismo lo explicó en aquella comparecencia patética en la televisión, que los de mi generación, y varias más, vimos en directo. Porque, tampoco es un secreto, Suárez no era tan partidario de la OTAN como se necesitaba, es Calvo Sotelo, con la secreta alianza del PSOE, el que nos mete; Suárez comenzaba a convertirse en un socialdemócrata inventado por él mismo, que no tenía detrás ningún respaldo ni económico –el CDS que crea está en la miseria– ni político, pues la SPD alemana ya había apostado por el PSOE.
El golpe de Estado del 23-F es un montaje entre todos los poderes: económico, militar, político, con el rey al frente, para advertir a los que iban a gobernar a continuación que no se permitían veleidades como las de Suárez. Y la inmensa manifestación del pueblo en Madrid después del golpe venía a decir: de acuerdo, antes de que nos fusilen al amanecer elegiremos a Calvo Sotelo como presidente del Gobierno, nos rendiremos al capital y le estaremos eternamente agradecidos al rey que nos ha salvado la vida. No se debe olvidar que esa Transición idílica que nos han contado sumó más de 600 muertos, víctimas una buena parte de los facciosos y organizaciones policiales que nunca fueron ni descubiertos ni castigados.
Entonces, ¿a qué aceptar, desde una postura realmente de izquierdas, que Suárez fue un dirigente político de gran altura, con enormes cualidades para el consenso y los pactos, y que construyó la democracia en España?
Diríase que la izquierda sigue padeciendo el “síndrome de Estocolmo” como tan acertadamente lo definía Carlos París, y presa de la necesidad de ser reconocida como “una fuerza política seria”, no se atreve a gritar de una vez que “el rey va desnudo”. Este miedo se evidencia cuando la exigencia de proclamar la III República está siendo siempre pospuesta por la mayoría de los dirigentes de izquierda a un tiempo futuro e indeterminado, que les tranquilice.