sábado, 16 de xullo de 2016

Como chegou o churrasco a Galicia

O Val Miñor foi unha das primeiras zonas "churrasqueiras" de Galicia. Unha receita que trouxeron os emigrantes que estiveron en America.

Galicia Confidencial

O churrasco é hoxe un dos emblemas da cociña popular galega pero, este plato ten menos de cen anos de historia no noso país. Xurdiu en America e non precisamente con carne de vaca ou porco. Os primeiros churrascos facíanse con carne humana.


Un dos primeiros churrascos feitos en Galicia, no Val Miñor | Fonte: LPL

Unha das primeiras zonas de Galicia que se comezou a realizar os primeiros asados ou “churrascos” foi o Val Miñor, grazas aos seus emigrantes en Arxentina e Uruguai.

Eran famosos os asados realizados polo adegueiro Manuel Lemos, quen posuía unha das empresas vitivinícolas máis importante da Arxentina “La Superiora”, frecuentaba realizar grandes asados populares, para agasallar aos seus veciños. Lemos foi o impulsor dun dos primeiros proxectos turístico de Galicia, que foi o complexo de Praia América, en Nigran. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario