sábado, 21 de outubro de 2017

DE OCA EN OCA

File:El juego de la Oca - Juan Francisco Piferrer - Barcelona.jpg
O Goberno comete un erro histórico. A Democracia española queda moi tocada. Eliminar a autonomía de Cataluya polas bravas certifica que nunca existiu nin se quixo que existira autonomía nin autogoberno. Cae, mellor dito, de momento tomban a autonomía catala e con ela irá detrás o PSOE por suposto…

A cidadanía catalá xa se dera conta de que a súa autonomía era unha comedia e case seguro nas próximas eleccións gañaran por goleada os independentistas... que fará entón Rajoy? (Casiña 58 Caveira se caes nela, volves á Casiña 1) volver a intervir co 155?. …en bucle!

O que dan en chamar secesionismo en Cataluya, cos seus recursos, seus medios millonarios, seus organizadores saídos da alta burguesía, cando non?, os empresarios subvencionados pola Administración catala, espertaron o "bicho"… O que ata fai pouco eran nostálxicos e patéticos herdeiros da extrema dereita agochados nas siglas do PP, van camiño de converterse en partidos políticos, movementos con representación. Conseguido, era iso o que se buscaba…

A dereita agochase detrás das bandeiras para cometer seus crimes, os traidores neoliberais agóchanse detrás das leis que eles mesmos fan e desfán cando lles peta. Isto non é democracia, é a volta do dereito divino. Ate o de agora Catalunya tiña un presidente co que moitos non estaban de acordo, pero fora elixido polo Parlament, a partir de agora terán un monicreque nomeado a si mesmo. Só falta o de "pola graza de Deus".

E non esquezamos que esta situación creouna o propio Rajoy cando utilizou o Constitucional para cargarse o Estatut co único motivo de sacar uns poucos votos fora de Catalunya. E podería terse solucionado de forma similar a Escocia: un referendo pactado que con case toda seguridade houbera ganado o unionismo. Pero a dereita franquista é máis de estados de excepción. O 155, por suave que se intente facer, que non parece sexa o caso, cabreará a moitos cataláns. Nunhas eleccións dentro de seis meses os partidos independentistas subirán outra vez, e o independentismo sacara, agora si, maioría absoluta de votos.
E despois?? (Casiña 58 Caveira se caes nela, volves á Casiña 1) volver a intervir co 155?. …en bucle!

A aventura duns políticos que non souberon calcular canto franquismo permanecía enraizado nas estruturas dun partido deseñado dende a ditadura fai 40 anos, un PP que despregou toda a extrema dereita dende a súa maioría absoluta, máis o infantilismo de grande parte da poboación catala logo das prácticas mafiosas e anticataláns do PP e que créeo nos cantos de sirena do seu goberno, leva ós cataláns á peor situación que cabería desexar dende o final da ditadura. Neste taboleiro de xadrez non servían os envites de poquer de Puigdemont pois Rajoy tiña 4 reis e outro as na manga, un exército de ‘piolines’ disposto a usalo en caso necesidade.

A Rajoy sáenlle ben as contas. O longo deste tempo, non se fala das súas corrupcións, dos seus exdirigentes encarcerados por roubar a mans cheas diñeiro público, as casuais mortes naturais de testemuñas de xuízos a punto de declarar, da caixa B, e algúns etcéteras máis...

Magoa de pobo catalán que ven demostrado coas súas manifestacións masivas, sen igual na Europa, civismo e combatividade dignos de admiración e simpatía...

Gran parte de españois viuse arrastrado a un anticatalanismo visceral o traveso da propaganda masiva de prensa e radio/televisión das firmas privadas e esencialmente dos medios públicos que pagamos todos, facéndonos ver urnas como armas de destrución masiva... Non estaría mal que pensaramos có que está pasando e posiblemente lles pase ós cataláns, pode pasarnos a todos, pois cando un réxime se decide a utilizar métodos ditatoriais e non se lle paran os pés, o máis fácil é cós volva a utilizar cando crea convinte…

Na miña opinión, á larga o proceso é imparable, salvo negociando ou mediante represión violenta, ilegalizando partidos, encadeando líderes, manipulando... que a UE no pode tolerar…

O nacionalismo, incluso o autodefinido de esquerdas, prima sempre súas aspiracións separatistas e sectarias... A independencia de Catalunya non vai permitir ás clases populares vivir mellor nin emanciparse do capitalismo… O papel de vítima dos independentistas está servido, a exponencial subida en escanos nas próximas eleccións tamén. Elo tampouco significa que haxa que enarborar a bandeira vermellogualda como fan PP, PSOE e Cd’s, senón anticipar a solidariedade entre os pobos, por suposto respectando a súa identidade.

Unha pena de error tan enorme, e unha vergoña a dun PSOE escorado á dereita e sen rumbo.

PD: Seño! que é iso do Art. 155?, non te preocupes neno, NINGUÉN sabe o que é (un golpe de estado encuberto), e, ben, forma parte dunha cousa chamada Constitución que en España ninguén sabía o que era cando se votou nin para que servía. De feito o PP votou en contra e agora aplícaa como un mantra…

Imaxe relacionada

Ningún comentario:

Publicar un comentario