luns, 8 de xaneiro de 2018

Así acaba parte do beneficio das peaxes da AP-9 en paraísos fiscais

Nick Paumgarten, fundador de Corsair

Manuel Vilas
http://praza.gal/

O principal accionista de Itínere, propietario de Autopistas del Atlántico (Audasa) é Corsair Capital (38%). Este fondo explota unha ampla rede de filiais en paraísos fiscais, segundo a documentación dos rexistros mercantís públicos de varios Estados.

Así, nas Bermudas mantén activa polo menos a sociedade J.P. Morgan Corsair II Capital Partners Bermuda LTD. J.P. Morgan é un dos maiores bancos do mundo e nel foi directivo o fundador de Corsair Capital, o banqueiro Nicholas Biddle Paumgarten.

Paumgarten foi director de Catlin Group Limited, unha das maiores aseguradoras do mundo, tamén con base nas Bermudas, de acordo aos Paradise Papers, a masiva filtración de documentos roubados ao despacho de avogados das Bermudas Appleby. Ademais, no seu país de orixe, Estados Unidos, Corsair opera unha enorme rede de sociedades en Delaware, estado que é considerado internacionalmente un paraíso fiscal.

En Delaware non se pagan impostos sobre os beneficios proporcionados por activos que non están alí, por poñer un exemplo, polos réditos que produzan as accións de Audasa. Tal vantaxe provocou unha avalancha de empresas, máis dun millón rexistradas nun Estado de menos dun millón de habitantes. Hai 285.000 compañías cun único enderezo postal. En Delaware, Corsair Capital mantén activas 8 filiais co seu nome. A propia familia Paumgarten mantén unha sociedade unha sociedade patrimonial aló.

En Delaware non se pagan impostos sobre os beneficios proporcionados por activos que non están alí; por exemplo, polos réditos que produzan as accións de Audasa.

Agora mesmo os estadounidenses están loitando para que os outros tres grandes accionistas non forcen a venda de Itínere. Sacyr (15%), KutxaBank (16,2%) e Abanca (23,8%) instaron unha arbitraxe na Cámara de Comercio de Madrid para sacala adiante. Corsair, apoiado por Liberbank (5,8%), non queren que os outros entreguen Itínere a unha alianza de Globalvia e o fondo australiano Macquarie.

A oferta firme desta alianza polo 100% do grupo -que xestiona a AP9 e outras cinco autopistas no Norte do Estado- é de 1.000 millóns, máis asumir os case 3.000 millóns de débedas.
Corsair asegura que non ten problema que os outros vendan a accionistas minoritarios españois, pero que el non vai vender a unha alianza de Globalvía -que xestiona outras cinco autopistas no Estado, incluídas tres radiais de Madrid e a que une Santiago e Lalín- e outro fondo de investimento competidor.
Os beneficios da AP-9 seguirán marchando fóra de Galicia e cando menos unha parte acabarán agochados en paraísos fiscais 
Está previsto que o árbitro da Cámara de Comercio decida entre abril e maio deste ano. Daquela a AP-9 pode cambiar de mans. En todo caso, venda ou non Abanca as súas accións, os beneficios da AP-9 seguirán marchando fóra de Galicia. Polo menos unha parte, acabarán agochados en paraísos fiscais e non só por responsabilidade dos norteamericanos.
Macquarie, o fondo de investimento australiano que financiaría a operación de Globalvía, tamén posúe unha gran rede de filiais en paraísos fiscais. Cando menos catro sociedades activas nas Bermudas, Illa de Man e Illas Mauricio (e dúas xa disoltas), segundo os Paradise Papers.

Tamén corporacións españolas

Trabúcase quen pense que camuflar os beneficios en países con ínfimo ou nulo imposto de sociedades é algo propio só de grandes fondos internacionais de investimento. As corporacións españolas tamén andan niso.  Por exemplo, segundo o  último informe del Observatorio de Responsabilidad Corporativa (ORC) , a constructora Sacyr (15% de Itínere) mantén  filiais “nos siguientes países considerados nichos fiscais segundo  a organización Tax Justice Network360 e o Parlamento Europeo”: Delaware, Xibraltar, Irlanda, Omán e Panamá
Ningunha destas prácticas son, en principio, ilegais; pero demostran como grandes empresas explotan trucos fiscais para levar os beneficios onde non se tribuna ou se tributa moi pouco
O Observatorio, que se dedica a espir a estrutura fiscal dos grandes do IBEX35, engade que entre estas “15 sociedades ubicadas en paraísos ou nichos fiscais considérase que existe un grupo de 7 empresas que ofrecen dúbidas en canto á súa actividade teña que ver coa operativa do negocio”. Noutras palabras, que non están para traballar na construción, senón para que o grupo pague os menos impostos posibles.
Ningunha das prácticas aquí relatadas son, en principio, ilegais. Demostran iso si como, mentres a cidadanía non pode esquivar taxas como as polémicas peaxes da AP-9, as grandes empresas explotan trucos fiscais para levar os beneficios a lugares nos que non se tributa, se tributa moi pouco ou non hai sequera porque os verdadeiros donos do capital. Empresas que ademais neste caso fan fortuna explotando infraestruturas públicas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario