xoves, 8 de marzo de 2018

Lugo recupera as imaxes da Operación Muralla Limpa

http://www.gciencia.com/
Edificios en proceso de demolición na Operación Muralla Limpa de 1972. Fotos: José Luis Vega/Arquivo Histórico Provincial.
Edificios en proceso de demolición na Operación Muralla Limpa de 1972. Fotos: José Luis Vega/Arquivo Histórico Provincial.
A muralla romana de Lugo é Patrimonio Nacional dende 1921, e Patrimonio da Humanidade da Unesco dende o ano 2000. Pero outra data capital na súa historia foi a de 1971, cando se acometeu a chamada ‘Operación Muralla Limpa’, que permitiu retirar ducias de construcións anexas aos muros milenarios. Entre 72 e 80 casas (segundo o cómputo) foron derrubadas e quedaron liberados 1.058 metros lineais, prácticamente a metade do seu perímetro.
Operación Muralla Limpa tivo un coste elevado para a súa época: gastaron 281 millóns de pesetas, equivalentes a 1,69 millóns de euros.
Para recordar esta acción que devolveu o esplendor ás murallas, a Xunta de Galicia organizou en decembro unha exposición, integrada por fotografías que formaban parte dos fondos inéditos de José Luis Vega Fernández. Organizada polo Arquivo Histórico Provincial, esta selección de imaxes supón unha viaxe no tempo cara unha das accións de defensa do patrimonio histórico máis senlleiras da historia de Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario